Ir al contenido principal

Un Nadal tudense, con boleardos e bandos de reis


Achegándose aos tempos do Nadal resulta de interese evocar vellas tradicións vencelladas a estas festas, pois a pesares da secularización e a comercialización indecente destas datas permanece na inmensa maioría de nós unha vivencia intensa destas celebracións navideñas que percorre os tempos. Rememorar vellos costumes é un xeito de achegarnos á riqueza de expresións populares destas datas que nos falan dunhas tradicións inxeridas nas nosas raices culturais, na nosa identidade colectiva.
O Nadal que desenvolvíase en Tui nos primeiros tempos do século pasado céntrabase, coma hoxe, nas datas de Nadal, Noitevella e Reis.
A cea de noiteboa xiraba arredor do bacallau con repolo ou coliflor, elemento culinario non relacionado en absoluto coa nosa proximidade ás terras de Portugal, senón que constiue unha lembranza da vella obriga de gardar vixilia naquela noite (por tanto, non estaba permitada a carne) e que prendeu nos costumes de tantas e tantas casa tudenses que aínda hoxe celebran esta noite con estes manxares.
Era tradicional que en moitas mesas houbese viño tinto quente con zucre e compota de peras ou mazás. Pero o principal elemento da docería desta cea navideña era o “boleardo”: “El boleardo –sinala o erudito tudense Manuel Fernández Valdés- es propio de este tiempo de Pascuas y es tan consustancial con estas fiestas como el turrón. Es un bizcocho bastante duro, al que se le da forma triangular. El secreto de su elaboración estriba en utilizar levadura de maíz (...) El sabio académico don Javier Sánchez Cantón en un folleto editado hace años por el Patronato Nacional de Turismo al hablar de la cocina y la repostería de España cita los boleardos y mazapanes de Tuy al mismo ritmo que los turrones de Jijona y Alicante, peladillas de Alcoy, etc.”. O boleardo era un doce moi estendido en Galicia e que no sur de Pontevedra adquiría forma triangular. Unha mágoa que na actualidade este doce, que aínda aparece en moitas informacións de carácter turístico coma unha recomendación gastronómica tudense, non se conserve máis que nalgunhas casas da nosa cidade que o elaboran coa súa receita familiar e segreda. Quizáis algunha das numerosas confitarías tudenses podería recuperar a elaboración deste doce tradicional.
Outra peza gastronómica con moita sona na nosa cidade son os peixiños de améndoa das monxas Clarisas ou “Encerradas”, que tamén en moitas casas comparten sobremesa con turrón e mazapán. Este doce monástico agocha tamén unha tradición de raíz xudía que pervive na nosa cidade e testemuña as pegadas desta comunidade hebrea en Tui.
Se rememoramos aqueles anos de inicios do século XX cómpre falar da Misa do Galo, na Catedral a media noite, onde os músicos da capela catedralicia interpretarian algún dos villancicos do mestre Posse. Eran moitos veciños, tamén chegados dende o rural, que participaban nesta función lutúrxica, onde nos faltaban as falcatruadas que non eran alleas ao consumo etílico.
Outra tradición perdida son dos “bandos de reis” que no 5 de xaneiro percorrían as vellas rúas tudenses pedindo o aguinaldo polas casas. Eran grupos de tres persoas (ás veces algunha máis), normalmente mozos, que cantaban coplas, tanto en galego coma en castelán, e que variaban segundo as propinas que recibiran.
“Somos os reises do quiquiriqui
imos a ver o que nos botan aquí.
Somos os reises do cacaracá
vamos a ver que nos botan acá.
Somos os reises da Cabra Fanada
vimos aquí, non nos deron nada”
Coido que trátase dun costume relacionado cos antigos “ranchos de reis” que ainda nalgunhas zonas de Galicia, mesmo nas inmediatas comarcas do Condado e A Paradanta se conservan coas súas rechamantes indumentarias. Estas pequenas agrupacións ían casa por casa levando a súa animación e as súas coplas, e constituindo o millor pregón para a chegada da cabalgata de Reis, co seu cortexo de animación e ilusión para todos.
Vencellado ás mesmas tradicións populares do ciclo de Nadal están as “rondallas”, con grande implantación nos concellos veciños de Gondomar, O Porriño ou Vigo que podemos aínda disfrutar nos dias do aninovo polas rúas tudenses cos seus abandeirados, uniformes, e instrumentos de todo tipo, mesmo charrascos, cruces de chapas... que alédannos cos seus sóns.
Boleardos e bandos de reis, dúas antigas tradicións navideñas tudenses, cuxa lembranza nos ofrece a oportunidade de desexar a todos os noso lectores un bo nadal.

(A imaxe corresponde ao Misterio dun nacemento en barro do século XVIII do Convento das Clarisas de Tui)

Comentarios

  1. Buenas noches. Me ha dado una alegría encontrar este artículo. Mi abuelo Rosendo, de Confitería Rosendo de Tuy, era , según comenta mi familia, (por desgracia yo no pude comprobarlo) el creador en tuy y único pastelero que preparaba los citados "boleardos", llegando incluso a mesas navideñas de la capital de España. Hablo de los años 60.
    Ha sido una pena que con el fallecimiento de mi abuelo hubieran desaparecido no sólo ésta, sino otras muchas recetas magistrales.
    Continuó la saga en mi tío Arturo Sánchez y después mi hermano, Fernando Aguiar. Por desgracia ambos fallecidos y con ellos sus mágicas manos y dulces recetas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall