Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2008

Iniciamos a nosa andaina

Curiosamente o día en que se celebra a xornada internacional do blog comeza a súa andaina na rede Tudensia, coa pretensión de ofrecer a cantos se achegen onda nós diversas noticias, informacións, novidades, comentarios sobre a cidade de Tui e as súas xentes. A vella cidade tudense que tivo especialmente nas últimas décadas do século XIX e nas primeiras do XX unha intensa actividade periodística que foi esmorecendo do tempo con nomes coma "La Intergridad", "El Eco del Miño", "Tribuna", "El Aloya", etc. pode atopar nas posibilidadades das novas tecnoloxias novas oportunidades de comunicación e difusión da súa historia, arte, tradicións, patrimonio, etc. Agardamos que neste novo Paseo da Corredoira virtual que queremos establecer podamos atoparnos moitos interesados pola nosa cidade para compartir as nosas inquedanzas... agardamos os vosos comentarios e achegas.