Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2009

Peste e fame en Tui, por Juan Miguel González Fernández

Publicamos hoxe unha colaboración do historiador Juan Miguel González Fernández, investigador da nosa historia, especialmente na época moderna, e autor de numerosas obras de investigación sobre Galicia e especialmente do territorio da antiga provincia de Tui. Tudensia agradece a Juan Miguel González a súa deferencia ao enviarnos este traballo. PESTE E FAME EN TU I Durante a chamada Época Moderna (séculos XVI-XVIII) a poboación de Galicia -e a do occidente europeu en xeral-, sufrirá dous grandes azoutes: os andazos epidémicos e a fame, que case sempre viñan xuntos. Tui non ía ser unha excepción. A peste e outro tipo de epidemias teñen a súa orixe en lonxanos lugares de España e Portugal -e mesmo de Europa-, extendéndose por contaxio vírico. Tamén e certo que ataca antes e con máis facilidade a corpos mal nutridos. En abril de 1599 prende a peste máis mortífera na historia de Tui, que entrara polo norte de Galicia. En ese mes a xente empezou a fuxir, o mesmo que as autoridades municipa

Cómpre rectificar

--> É propio da condición humana o errar, a equivocación, e aínda que estas notas de Tudensia pretenden se realizar dende un mínimo rigor, requerimento imprescindible para calquer traballo de divulgación, ás veces cometemos erros e erros de bulto, de bulto redondo neste caso. Na entrada sobre o monumento á cidade de Tui hoxe publicado afirmamos que o seu autor é o escultor Antúnez Pousa en base as notas e noticias que tiñamos obtido, pero o amigo e erudito investigador de todo canto ten relación con Tui, Xabier Añoveros e Trias de Bés, nos comunica que estamos equivocados e que este monumento é obra doutro escultor do Baixo Miño, Magin Picallo. Agradezo especialmente esta rectificación e pido disculpas, en primeiro lugar, aos artistas, especialmente a Magin Picallo, e aos nosos lectores. Pero esta circunstancia amosa a increible capacidade deste novos medios, como é o blog, pois rápidamente a nosa entrada é consultada e comentada polos nosos lectores e, coma neste caso, corr

O monumento á cidade de Tui (entrada rectificada)

A escultura pública non é especialmente abondosa na nosa cidade, con todo posuímos obras de Silverio Rivas, Xoán Oliveira, Xoán Piñeiro ou Alfonso Quinteiro coma exemplos sobranceiros que engalanan algunha das nosas prazas e rúas. Na Praza de Galicia, recentemente remodelada, existe un conxunto escultórico realizado en pedra, encargado polo Concello tudense durante o goberno de Ángel Álvarez Durán, da autoría de Magin Picallo, escultor afincano no Baixo Miño onde posúe unha obra ampla e espallada polos nosos concellos. Magin Xulio Picallo Durán é natural de Troáns - Cuntís, onde naceu en 1943. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Compostela e foi discípulo do egrexio escultor galego, Francisco Asorey. Tras casar, radicouse na parroquia de Goián onde reside e ten o seu obradoiro. Ten obra espallada por España e en Galicia resulta especialmente coñecida a súa escultura "Encontro de dous mundos", monumento conmemorativo do quinto centenario da chegada da carabela "Pin

O historiador tudense Suso Vila finalista do Premio Historia Medieval de Galicia

--> O historiador tudense Jesús Vila resultou, hai agora un mes, finalista do Premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2008 convocado pola Editorial Toxosoutos xunto coas Fundacións Comarcais de Noia e Muros cun traballo titulado “A cidade medieval de Tui”. O xurado presidido polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Barros Guimeráns, subliñou deste traballo o “interese descritivo dos acontecementos políticos e sociais, economía e grupos sociais, monumentos e territorio da cidade de Tui, dende o século XIII ao século XV, baseándose en fontes da Catedral tudense”. Noraboa pois a Suso Vila por este galardón e pola publicación inmediata da obra na colección “Trivium” da editorial Toxosoutos. Agardamos, con expectación, a lectura desta obra e as súas anunciadas achegas á historia da nosa cidade. Cómpre lembrar que no pasado ano outro tudense acadou tamén esta mesma condición de finalista no anterior edición do premio, foi Ernesto Iglesias Almeida

Notas sobre toponimia

Estes días ten chegado as miñas máns unha obra recentemente editada “Toponima de Galicia” de Fernando Cabeza Quiles, pola editorial Galaxia na súa colección “Guías AZ”. Unha obra fermosa e altamente recomendable, que nos achega ás orixes de numerosos toponimos da nosa terra, un traballo rigoroso lonxe das etimoloxias, aínda en boga e que non fan senón rebuscar por orixes ignotas e imaxinarias, as raigames dos nomes dos lugares. Dunha ollada selectiva da obra entresacamos unha serie de párrafos vencellados ao noso concello e que ofrecen interesantes aportacións para o coñecemento do noso territorio, da orixe de certos toponimos espallados pola xeografia tudense. 1.- “En canto ao hidrónimo Miño , o primeiro que resalta, ao tratar de coñecer a súa procedencia significativa e etimolóxica, é a súa posible relación coa voz latina “ miniu(m) ” , ‘minio, vermellón, óxido de chumbo de cor vermella’. Esta conxectura cadra coas primeiras teorías sobre o nome do Miño. Así, San Isidoro, nas súas cé

Trinta anos da morte de Eduardo Padín

O pasado 6 de xaneiro, festividade de Reis, cumprirónse trinta anos da morte do humorista e debuxante e pintor tudense Eduardo Padín, un dos máis sobranceiros artistas que ten dado Tui. Nado na cidade tudense un 13 de outubro de 1886, seu pai era Ricardo Padín (o seu tio Hipólito Padín Díaz de Robles foi Alcalde de Tui nas últimas décadas do século XIX) e tamén un gran artista e a súa nai Leonor Rodríguez. Cursa os seus primeiros estudos no Seminario da cidade e como, sinala Clodio Gónzalez Pérez, “logo abandonou os estudos e adicouse a outras labouras, antre elas a de pintar: obras primeirizas son as pinturas da capela do Seminario, algúns cadros para o convento de monxas franciscanas, o telón para o monumento da Semana Santa das Clarisas, as vidrieiras do desaparecido pazo episcopal...”. No ano 1916 publica os seus primeiro debuxos ou “monos” na revista “Vida Gallega”, que pola boa acollida axiña figuran na portada da revista. Esta revista, fundada en 1909 por Xaime Solá Mestre,