Ir al contenido principal

Algunhas referencias a San Telmo na literatura portuguesa


A figura de San Telmo é un dos mellores exemplos da cultura común que compartimos ás xentes de Galicia e o Norte de Portugal, das terras que bica o Miño. A sua presenza evanxelizadora en ambas ribeiras do noso río, a sua estadia en terras de Guimarães, onde o mosteiro da Santa Cruz mantiña estreitos vínculos coa sede tudense, testemuñan esta mistura na figura do frade dominico de Frómista. Ao pouco da súa morte a devoción a San Pedro Gonçalves estendeuse tamén por todo Portugal e ainda hoxe evidencian esta piedade tantas igrexas e capelas adicadas ao noso santo.

Xa Gil Vicente fala nalgunha das súas obras de “Frei Pero Minhoto”, pois dende os tempos das Descubertas o noso santo patrón foi adoptado polos mariñeiros dos reinos peninsulares, especialmente Portugal e Castela, como protector; lembremos que a Pedro González por este anos, fundindo diveras lendas e tradicións e co pulo da orde de San Domingos, se lle xungue o sobrenome de “Telmo”. Asi dende este século XV fálase de Pedro González Telmo como se este nome sempre tivese existido.

Xa D. João de Castro, un dos grandes intelectuais viaxeiros do século XVI, no seu “Roteiro de Lisboa a Goa” narra o seguinte episodio:

“Tornando a 2ª vez à Índia, que foi no ano de 1545, esta mesma noite nos apareceu a aparência ou sinal a que os marinheiros chamam Corpo Santo, per duas vezes, e duraria espaço de meia hora”.

Son numerosos os relatos que na tradición literaria e cronística portuguesa mencionan a devoción polo noso Santo, pois un xénero amplamente espallado no Portugal do século XVI eran os relatos de naufraxios, con pormenorizadas descricións dos sucesos e das reaccións de mariñeiros e pasaxeiros. Un feixe destes relatos foron compilados, xa no século XVIII, por Bernardo Gomes de Brito na “História Trágico-Marítima”, en dous volumes (1735-36); as referencias nesta obra ao “Corpo Santo” e ao fogo de San Telmo son abondosas testemuñando a extensión da piedade santelmiana. Mesmo o propio Luis de Camoens, que tiña falado da “soberba Tui” coñece e reseña a devoción que as xentes do mar mantiñan cara “Santo Pero Gonçalves”.

Remataremos esta reseña, chegando ata o século XX, co escritor Afonso Lopes Vieira, que nunha paráfrase a un relato da «História Trágico-Marítima», no contexto da súa reivindicación do pasado heroico de Portugal, lembra aqueles tempos esquecidos e lamenta o esmorecemento do culto a S. Pero Gonçalves, nun belo poema:

«Por te enramarem coentros,

Entre bailes e folias,

Tu às hortas de Enxobregas,

São Frei Pero, de antes ias.

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!

Pelas outavas da Páscoa

Era o teu dia marcado;

Vinhas então de Enxobregas

De coentros enramado.

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!

Bailando por São Frei Pero,

Não havia homem do mar

Que não tecesse capela

Para ao redor a levar.

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!

Que tamanha devoção!

Mas São Pero, no mar

Acendia a luz nos mastros

Para a tormenta amainar.

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!

Quando se lá acendia,

Essa benta luz de encanto,

Todos no convés em grita:

— Salva, salva, oh Corpo Santo!

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!

Mas São Frei Pedro, esquecido,

Já não vai às hortas, não;

Não tem bailes nem folias,

No mar não tem devoção.

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!

Por isso as naus se desgarram,

Santo nome de Jesus!

Salva, salva, oh Corpo Santo,

Acende ao alto a tua luz!

Assim nos guies e salves,

Senhor São Pero Gonçalves!»

Ogallá San Telmo sexa un guieiro máis na andaina que as xentes de Galicia e Portugal mantemos a prol da nosa cultura común. Felices festas de San Telmo!.


(*) Gracias a unha pescuda na Internet, ferramenta de hoxe que nos axuda a profundizar no pasado, atopamos diversos datos sobre San Telmo, máis concretamente algúns dos eiqui recollidos, nun traballo sobre o fogo de San Telmo, con interesantes noticias proporcionadas por Nuno Crato, nunha páxina web do Centro Virtual Camõens.

Este traballo foi publicado no catálogo de Exfitui 2004.

Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

  1. Unha achega de grande interese para a bibliografía santelmiana. Clodio González Pérez

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le