Ir al contenido principal

O libro de "toma de hábitos" das Clarisas tudenses de 1569










O Mosteiro de Nosa Señora da Concepción conserva, amáis do seu importante conxunto arquitectónico e escultórico, un abondoso conxunto de obxectos mobles de singular interese que supera o propio ámbito da comunidade monástica.

A exposición celebrada en outubro de 2008 para conmemorar o quinto centenario da súa presenza en Tui posibilitou que poidesemos achegarnos, por vez primeira, ao coñecemento e disfrute deste obxectos que conservan con especial agarimo as nosas benqueridas “Encerradas”. Entre os obxectos de uso litúrxico e devocional salientaba un libro manuscrito

Xa Ernesto Iglesias Almeida tiña dado noticia deste libro nun artigo publicado en “Anuario da gaita” nº 11 (1996) da Escola Provincial de Gaitas de Ourense, titulado “Un gaiteiro tudense do século XVI” no que da a coñecer unha curiosa representación deste personaxe, cicáis unha das imaxes máis antergas dun gaiteiro. Sobre este mesmo debixo escribiu, en novembro pasado Mendez Ferrin un fermoso artigo na súa sección “No fondo dos espellos” do Faro de Vigo.

O libro titulase “Forma de dar el habito y recibir la profession de las monjas conforme a las Reglas Pontificales”, e no seu colofón figura o nome do seu autor e data da obra: “Scribebat Franciscus Caldensis anno dm 1569 de mandato Illustrissimi D. Didaci episcopi tudensis”. Trátase dunha obra do artista Francisco de Caldas do que carecemos doutros datos ou referencias á súa obra e traxectoria e realizada no episcopado de Diego de Torquemada.

O bispo Diego de Torquemada, foi o primeiro nomeamento episcopal na nosa diocese de Filipe II no ano 1564 e chegou coa vontade de aplicar as directices do recentemente celebrado Concilio de Trento. Desenvolveu un importante labor constructivo na Catedral tudense, salientando espacialmente a construcción da capela de San Telmo –onde se conserva o seu seupulcro- onde trasladou as reliquias no noso patrón o 27 de abril de 1579.

Pero como bo bispo tridentino promoveu unha importante labor de implantación das directrices conciliares: convocou dous sínodos (1578 e 1579), visitua a diocese en tres ocasións e promoveu unha renovación da vida eclesial (promovendo novas confrarias como a do Bon Suceso propia dos carpinteiros, canteiro e toneleiros tudenses, renovando constitucións de institucións como o Hospital dos Pobres e de San Xian dos Lázaros, etc.).

Neste contexto debemos enmarcar a creación deste libro de toma de hábitos do mosteiro de clarisas, fundado en 1508 por un grupo de once mulleres tudenses e creado por Bula pontificia de 1516. Os prelados tudenses sempre acompañaron e axudaron a esta comunidade monástica e do mesmo xeito o bispo Torquemada, cuxas armas figuran no inicio do devandito libros, iluminadas a toda cor; trátase dun escudo cuarteado, cos seguintes rexistros: a torre ardendo, sete torres en prata, tres torres ardendo[1] e cinco froles de lis.

O libro está conformado por trinta páxinas nas que o autor escribe o ritual completo deste ingreso na vida monástica. A obra do iluminador tudense posue interese pola decoración que introduce nas borduras do texto. Unha variada gama de orlas de decoración floral, de animais e diversas personaxes que conforman unha mostra sobranceira da novas concepcións estéticas imperantes na segunda metade do século XVI. A pesares do caracter popular da obra de Francisco de Caldas na decoración deste libro manuscrito se apuntan as novas concepcións do manierismo.

Observamos numerosas orlas con flores ou elementos vexetais dando continuidade as tradicións do iluminadores medievais, pero tamén figuran animais mitolóxicos (dragóns ou un pegaso), escenas alegóricas ás virtudes cristians (como é o caso do pelícano que alimenta ás súas crias co seu propio corpo), ou escenas do propio ritual de toma de hábitos ou persoeiros como un frade franciscano, unha monza, un presbítero alzando na consagración, etc. Francisco de Caldas realiza este traballo de “miniado” combinando, en moitos casos, o debuxo máis simple coas combinacións de cores, nunha técnica moi actual

Un estenso programa iconográfico realizado por un artista, certamente de limitadas capacidades, pero que posue un notable interese por amosar como novos modelos artísticos impulsados polo Renacemento van asentando no noso entorno. Son patentes no traballo de Francisco de Caldas as formulacións manieristas introducidas neste texto litúrxico, áinda que constreñidas polos recursos limitados do noso iluminador. Certamente neste libro atopamos certa carga intelectual, alonxada dunha mera decoración narrativa. Velaí o valor desta obra arística da que damos noticia.

Rafael Sánchez Bargiela

Publicado en “Exfitui 2009, V Centenario Monjas Clarisas de Tui” organizado polo Grupo Filatélico e Numismático de Tui entre o 9 e 12 de outubri de 2009, pp. 65-67.


[1] Cabe reseñar que no libro de Aquilino G. Santiso: “Los obispos de Tui y sus armas: heráldica eclesiásticas” , Pontevedra, Deputación Provincial 1994 figura un erro na repoducción deste escudo no seu terceiro cuartel, pois as torres aparecen no orixinal entre lapas, que non figuran na reproducción de Santiso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le