Ir al contenido principal

A proclamación da República portuguesa no xornal tudense "La Integridad"


Fotografia da revista "Vida Gallega" nº 29, xullo 1911

A proclamación da República en Portugal, no 5 de outubro de 1910, foi seguida con grande espectación na cidade de Tui tanto pola súa condición de praza fronteiriza, comunicada por vía férrea e estrada dende 1886, coa inauguración da ponte de ferro de Pelayo Mancebo, como polas reaccións que provoaba na opinión pública esta cambio de réximen, para a maioria un temor para outros, miniritarios daquelas, unha esperanza.

Na cidade de Tui existía dende 1888 o xornal católico “La Integridad”, defendia posturas denomidadas, naqueles anos, “integristas” ou carlistas, que tiñan a Juan Vázquez de Mella como o seu lider politico e principal ideólogo e que tiñan como principal argumento a oposición ao liberalismo e a defensa do patriotismo. Por tanto, as súas opinións sobre a recen proclamada república portuguesa serán sempre de caracter crítico pois a laicismo vai ser unha das premisas daquela revolución o que chocaba frontalmente có ideario de La Integridad. Con todo, as noticias que publica permiten achegármonos aos sentimentos que suscitaba esta nova realidade política neste lado do río Miño, na vella e episcopal cidade de Tui.

O 4 de outubro recolle La Integridad (LI) que “se ha dicho que había sido asesinado el Rey de Portugal. Otros afirman que estalló la revolución”. Aos dous dias afirma que “la guarnición de Valença permanece toda leal y dispuesta a defender a la monarquía”, namentras “desde que se recibieron las primeras noticias de la revolución portuguesa han sido reforzadas ayer en esta ciudad la guardía del fortín del Puente Internacional”.

O día 7 de outubro recolle LI unha nota indicando que “ayer pretendió izarse la bandera republicana en la fronteriza plaza de Valença. Los soldados de la guarnición y el elemento popular muéstranse regocijados por el triunfo de la república. La oficialidad de la guarnición no participa en cambio de esos entusiasmos”. Será ao dia seguinte 8 de outubro cando publique a noticia de que “ayer a la tarde fue hecha la proclamación de la república (...) izándose la bandera provisional republicana, roja y verde. Celebrose el acontecimiento por el populacho y soldados con disparos de bombas y cohetes, música por las calles y fiesta callejera que se prolongó hasta altas horas de la noche, con marcha de antorchas hasta Ganfey, dándose vivas y mueras estentóreos en cánticos revolucionarios y canciones lúbricas”. Pero na festa republicana apunta LI que estaban tamén xentes de Tui, entre eles o correspondente na cidade dun xornal vigués que “sobresalía entre todos –y no por su talla- dando vivas y mueras con gran entusiasmo”, evidenciando a diversidade de opcións política que xa en aqueles momentos existia na sociedade tudense.

O interese dos acontecementos leva a que figuren dende o día 10 de outubro varios artigos de opinión arredor deste acontecemento da autoria de Julio Navarro Monzó, ex-director de “O Correio de Lisboa” que reside en Tui. Ao longo do outuno LI publicará asiduamente columnas de opinión sobre a actualidade portuguesa sempre de caracter crítico especialmente polo que atinxe ás relacións dos republicanos lusos coa Igrexa católica. Velaí o caso dun estenso traballo do Padre Provincial da Compañía de Jesús e prepósito da provincia lusitana, Luiz Gonzaga Cabral, publicado no número de 5 de decembro e logo como folletón. Avanzando os meses continúa LI afondando neste tema de tanto interese e proximidade para os seus lectores, nalgúns casos recollendo traballos da prensa internacional como “Nueva Prensa libre” de Viena ou “Le Galois” de Paris.

No dia 10 de outubro, tras dar conta do decreto de expulsión das órdenes relixiosas, sinala que “siguen pasando estos días por nuestra ciudad en los trenes y coches y a pie numerosos religiosos y monárquicos significados que emigran de la nación vecina, huyendo de la fiera persecución de que allí son objeto por los republicanos triunfantes (...) ayer pasaron en el tren más de 30 hermanas de la Caridad disfrazadas por supuesto con sombreros y trajes seglares para escapar a las fuerzas revolucionarias”. Noticias similares aparecen en numerosas ocasións, entre eles salientan nomes como o “Dr. Santos Abranchez, de la Compañía de Jesús, pretigioso intelectual” (18 de outubro), o Bispo de Beja (20 de febreiro de 1911), D. Sebastián de Vasconcelhos, prestixioso eclesiástico, ou o xornalista Arthur Bivar, etc..

LI da noticia tamén da visita, o 10 de novembro –logo de varios aprazamentos- do ministro da guerra do goberno provisorio de Portugal “rindiéndole los honores de ordenanza, se dispararon varios cohetes en su obsequió y hoy mismo regresa a Vianna”. No día 21 de outubro relata a celebración en Valença dunha conferencia, seguida dun baile, de propaganda republicana a cargo do governador civil, Alfredo de Magalhâes, “hijo del concejo vecino”. No decurso da súa intervención asume unha serie de compromisos: converter en colexio o hospital civil, construindo un novo hospital fóra do recinto amurallado, converter o Asilo Fonseca en Escola de Agricultura en troques da de Artes e Oficios, facilitar a libre construción fora das murallas e a cesión de novos terreos para ampliar e mellorar os cuarteis.

Pero as relacións entre tudenses e valencianos continúan máis aló dos acontecementos políticos e así LI recolle no 23 de novembro que “estuvo en esta ciudad visitando la Catedral y demás edificios notables y admirando la belleza de la campiña el gobernador civil de Vianna do Castelo, D. Alfredo Magalhâes, aprovechando su estancia en Valença, su país natal”. Mesmo a banda do Rexemento de Caçadores 3 de Valença acude a Tui para interpretar un concerto na Corredoira no día de Reis.

O novo clima social que promove a implantación da República suscita en LI comentarios irónicos como es seguintes: “Dice O Valenciano, recóllese na edición do 6 de decembro de 1910, que se ha hablado estos días de una huelga de sirvientes allí proyectada pidiendo aumento de salario y descanso semanal. Están en carácter nuestros vecinos allende el Miño en esto de las greves, allí ahora de moda; es la greve de serviçâes, proyectada en Valença la última palabra”. Pola súa banda, o 17 de xaneiro apunta que “según O Valenciano también en esa fronteriza plaza empiezan a descasar. Y rompe la marcha presentando demanda en el tribunal contra su esposa, el teniente de infanteria 16, Sr. Salustiano de Sousa Correa. ¿Quien será la aspirante a la sucesión si prospera la demanda”.

Outra das consecuencias desta vaga republicada será que “por oden superior será cerrado el Colegio de Santa Clara para niñas” co conseguinte disgusto de, alomenos, unha parte da sociedade valenciana, pero “las profesoras lo establecerán en la parte de acá del Puente Internacional y a él concurrirán las ciento y tantas niñas que lo frecuentaban” (LI 10 de xaneiro). Axiña foi implantado en Tui este centro educativo e recolle LI que “dice O Valenciano que: ‘felices os tudenses que por todos os meios conseguen explorar á bolsa dos valencianos!” engandindo unha longa crítica ao comentario do xornal da localidade veciña.

Unha nova nota critica xorde ao dar conta o 28 de xaneiro que “ha sido muy sentida la marcha de las hermanas que prestaban sus benéficos servicios en el Hospital de la Santa Casa de Misericordia, lamentándose por la junta de dicha casa y por todo el pueblo que las órdenes draconianas del nuevo régimen imperante en la nación vecina obliguen a abandonar los servicios del hospital a las religiosas que con tanta ventaja habían sustituido el antiguo servicios de enfermeros que tanto dejaba que desear”.

A expulsión das órdenes relixiosas trae en Tui o corolario da súa chegada e instalación na nosa cidade, como é o caso das Relixiosas Franciscanas Hospitaleiras ou as Doroteas –que axiña cumprirán cen anos de presenza entre os tudenses –, ou as Monxas do “Buen Pastor” instaladas na zona da Sarabia, que estiveron en Tui ata 1957.

Con todo a debilidade da República reclamaba unha intensa actividade progandistica polos seus partidarios para promover a súa consolidación pois existían numerosos problemas sociais e políticos que desestabilizaban a vida social portuguesa naquela altura. Así LI recolle a noticia de que o Centro Republicano “Rodrigues de Freitas” de Valença constituiu unha xunta de propaganda en diversas freguesias ao longo do mes de xaneiro de 1911: Fontoura, Segadâes e Cerdal. Pero o que non lle casa a LI é que entre os participantes nesas actividades figuren dous sacerdotes, pois por esas datas o xornal tudense difundía, con ampla cobertura, varios traballos sobre o papel que a masoneria, “carbonarios”, xogaba na implantación da República portuguesa insistindo no seu aspecto de sociedades secretas e anticristiáns.

A inestabilidade social que existía en Portugal leva a ambos gobernos a adopción de medidas de control fronteirizo. Así goberno español ordena que un guarda municipal tome nota das personas que acceden por via férrea fuxindo da nova situación política lusa, feito que critica LI o 20 de outubro de 1910: “pueden en cambio pasar de allende el Miño sin que nadie les moleste anarquistas, socialistas, damas rojas y toda la gente maleante que ‘quiera’ honrar el suelo de nuestra patria porque al Sr. Canalejas solo le preocupa la otra gente que viene de allá con marca religiosa”. Pola súa banda, en maio de 1911 os gonernantes lusos “han colocado ya en el Puente Internacional frente al puesto en fiscal de la frontera portuguesa la célebre cadena de hierro que atraviesa toda la carretera para obligar a parar a los autmóviles al llegar a dicho puesto para el consiguiente registro. Cosas del gobierno ‘provisorio’”.

Rematan estas breves notas extraidas de La Integridad e que testemuñan a visión que un sector da sociedade tudense posuía do proceso republicano portugués e as noticias que a opinión pública reciba arredor da vida social e política valencia naqueles intensos meses.

Posteriormente, Tui acollerá, no 1912, un nutrido grupo de monárquicos que tentaran –mais teóricamente que na práctica- unha invasión de Portugal para a restauración da monarquía provocando momentos de grande tensión e de peche da fronteira. Pero eso será outra historia...

Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

  1. Muito obrigado pelo interessante artigo sobre o jornal Integridad de Tui. Terá porventura forma de identificar o correspondente que, em 1911, assinava "X" ou "P", uma coluna nesse mesmo jornal, em Português, chamada "PORTUGAL" ?
    Muito obrigado

    Filipe Ribeiro de Menezes

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall