Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

Sobre o Seminario Internacional "125 anos da Ponte Internacional: unindo xentes, territorios e culturas"

Os pasados días 18 e 19 de marzo tivo lugar, ao abiero das conmemoracións dos 125 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño, un Seminario Internacional titulado “125 anos da Ponte Internacional: unido xentes, territorios e culturas” organizado pola Aula da UNED de Tui en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. Coordinado por Margarita Pino, Rafael Higgis, Isilda Salvador e Rafael Sánchez. Foi un programa intenso de ponencias e comunicións de grande calidade e interese. Tiña mágoa por non ter tempo para incluir en “Tudensia” algunha referencia a este Seminario, do que agardamos nun futuro editar as actas, pero o blogue “Portugal ao pe” de Lele Sorribas recolle senllas entradas sobre este Seminario que reproducimos polo seu interese: El Puente Internacional, 125 años de historia y futuro http://portugalaope.blogspot.com/2011/03/el-puente-internacional-125-anos-de.html Puente de ayer, debates de hoy http://portugalaope.blogspot.com/2011/03/puente-de-ayer-deba

125 anos da Ponte Internacional sobre o río Miño

125 ANOS DA PONTE INTERNACIONAL SOBRE O RIO MIÑO HISTORIA DUN ANIVERSARIO O 1 de novembro de 1864 a comisión nomeada polos gobernos de España e Portugal para decidir as comunicacións ferroviarias peninsulares e integrada polos enxeñeiros Eusebio Page Albareda e Inocencio Rodán e os portugueses Francisco María de Souza Brandao e Jose Diego Mascarenhas Mousinho d’Alburquerque fai público o seu dictame que resultará un lugar de referencia para o futuro. Naquela altura a empresa MZA tiña culminado a liña férrea dende Badajoz ata a fronteira portuguesa. Quedando inaugurada en 1866, coa visita Lisboa da raíña Isabel II, a comunicación férrea entre ambos países. Portugal contaba daquela con 680 quilómetros de liña en explotación e 25 en construcción pero a comunicación con España era exclusivamente polo Leste a través de Badajoz. O informe de 1864 propuña a súa ampliación coas liñas Lisboa-Madrid por Castelo Branco e Plasencia, Porto a Salamanca, Beja – Huelva e finalmente a de Porto

Reportaxe sobre a Ponte Internacional en TVE2

O programa "España en comunidad" de TVE 2 emitido no dia de hoxe, domingo 20 de marzo, recolle unha reportaxe da xornalista do Baixo Miño, Rita Alonso, sobre a vindeira celebración o 25 de marzo do 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional onde podemos visionar vellas imaxes da nosa ponte e da fronteira recollidas dos arquivos do NO-DO e de TVE. A reportaxe podemos consultala no seguinte enlace: http://www.rtve.es/alacarta/videos/espana-en-comunidad/espana-en-comunidad-derecho-a-vistas/1049890/ (a partires do minuto 15).

"Puente internacional del Miño" por Avelino Rodríguez Elias

Continuamos hoxe coa publicación dun novo “post” sobre a Ponte Internacional sobre o río Miño que o vindeiro 25 de marzo cumpre os 125 anos da sua inauguración. Achegamos hoxe un artigo publicado no xornal vigués “Faro de Vigo” o 3 de abril de 1932, nas páxinas dedicadas ás festas de San Telmo. O seu autor é Avelino Rodríguez Elias (Afife – Viana do Castelo, 1872 / Asunción – Paraguai, 1958), radicado en Vigo colaborou a miúdo na prensa da época, especialmente no “Faro”, e foi promotor de numerosas iniciativas de carácter social e cultural como a creación dos bombeiros, da Cruz Vermella viguesa ou do Museo de Castrelo. Foi distinguido co nomeamento como “Cronista oficial da cidade de Vigo”. Cando estoupido da guerra civil ten de exiliarse na capital de Paraguai, onde morre. Neste artigo Rodríguez Elias aporta unha interesante descrición do programa de actos desenvolvidos en Tui e Valença aquel 25 de marzo de 1886. EL PUENTE INTERNACIONAL DEL MIÑO Puede envanecerse Tui de poseer el me

Artigo sobre a Ponte Internacional do seu autor, o enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda

A inmediata celebración do 12t5 aniversario da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño centrará nas seguintes datas a atención de "Tudensia" achegando aos nosos seguidores varios documentos de interese sobre este singular ponte metálica que simboliza a relación entre Tui e Valença e, por extensión, entre Galicia e o Norte de Portugal. Comezamos hoxe cun artigo publicado en 1887 polo autor do proxecto desta ponte, Pelayo Mancebo Agrega, na que describe as súas características xunto a diversos comentarios de interese sobre o proceso de construcción. PUENTE INTERNACIONAL SOBRE EL RIO MIÑO SITUACIÓN.- Este puente enlaza nuestros ferrocarriles de Galicia con los del Norte de Portugal. Los ingenieros de esta nación habían propuesto indistintamente tres pasos sobre el río Miño, cada uno con sus ventajas e inconvenientes peculiares, y escogí la solución intermedia, principalmente, porque situado así el puente a la puerta misma de la plaza de Valencia, en la dirección