Ir al contenido principal

A primeira mención ao "fogo de San Telmo"

"San Telmo" de Luis Bono Hernández Santaolalla, Museo de Málaga


A figura de Frei Pedro Gonzalez, a quen chaman “O Corpo Santo” e andando os séculos “San Telmo” resulta canto máis afonda un nos seus múltiples aspectos de maior interese. Interesa a súa biografía, certamente notable: dean ou coengo da Catedral de Palencia moi novo, dominico da primeira hora, confesor e conselleiro do rei Fernando III, frade mendicante polos camiños do Noroeste peninsular, promotor de obras públicas de carácter social... Tampouco fica sen interese a súa dimensión espiritual, se podemos desvencellar ese aspecto da súa propia vida: o seu espirito evanxelizador, dotado dunha sólida formación intelectual, “perde” a súa vida predicando polas aldeas a xentes sen cultura, reproducindo o modelo apostólico de ir de dous en dous (regula socii), vivindo unicamente das esmolas e da Providencia, compartindo a existencia coas xentes do pobo, promovendo un sacramento daquela pouco frecuentado, a penitencia... valores certamente de actualidade na vida eclesial e referentes para estes tempos de “nova evanxelización”.

Pero aínda é, se cabe, máis fascinante a traxectoria para explicar como Frei Petrus Gundisalvi, chegou ser coñecido como “O Corpo Santo” e aínda máis como chegou, séculos despois da súa morte, a finais do século XV ou nos inicios do XVI, a xeralizarse a súa designación como “San Telmo” patrono dos navegantes, a este home de “secano”, de Frómista na Terra de Campos, e que no que coñecemos da súa biografia non atopamos referencia mariñeira algunha. Xa diversos autores se teñen ocupado desta “viaxe” haxiográfica do noso patrón. De seguro que esquezo algún: Xosé Filgueira Valverde, Clodio González Pérez, Xabier Añoveros e Trias de Bés, Ernesto Iglesias Almeira ou Suso Vila e mesmo o Padre Galmés autor dunha sólida biografia do noso dominico, abordaron este proceso.

O máis evidente é que Frei Pedro González deixou unha sólida pegada entre as xentes de Tui que xa dende o seu pasamento acreditaron na súa santidade e na súa protección e van xa máis de sete séculos e continúa suscitando a devoción e agarimo das xentes de Tui e a súa bisbarra.

Neste "tránsito" de denominación posúe singular relevancia a atribición a Frei Pedro González dos chamados "fuegos fatuos" ou "descarga eléctrica silente" que se producen en momentos de treboada e temporal o que implica unha especial disposición dos espectadores certamente atemorizada e aberta ao misterio. Na Antigüidade este fenómeno foi recollido pola mitoloxia clásica atribuíndollo aos fillos de Leda, os xemelgos Cástro e Pólux (Gemeni Dioscuros) e Helena.

Sea como quiera, sinala Filgueira Valverde, el fuego de Helena pasó a serlo de Santa Helena y de Santelmo, y a San Erasmo, obispo de Nápoles, se aclamó tras la ultima de estas invocaciones cuando en la tempestad apareció la tímida lumbre, como un milagro en lo alto delos palos. En Italia llamábanle "Fuoco Sant Elmo"; en naves lemosinas y catalanas, "Foc de Sant Elm"; entre manrinero de "langue d'oil", "Feu Sant Elme"; "Lus" o "Lume de San Telmo" entre gallegos y lusitanos; "Fuegos de Santelmo" en la Marina de Castilla; "Saint Elmo's light" entre ingleses; "Sante Elmes Feuer" entre germanos...

Pero no en todos los tiempos ni en todos los lugares San Telmo siguió siendo san Erasmo. Cuando Bernat de Torroella, a mediados del siglo XV, fundaba en Gixols la ermita de Sant Elm, volviéndo de Génova, nadie en la costa atlántica de la Península creería que aquel era el santo venerado en Italia, porque el "Telmo" se asignaba ya como "cognomen" al bienaventurado dominico del siglo XIII sepultado en Tui, cuya presencia reconocían las gentes del mar en ese fuego meteórico que vendría a llamarse "Corpo Santo de Fray Pedro González".

He aquí, pues, desvelado el misterio de un problema que ha podido llamarse en justica "novelesco". San Pedro González es el supuesto San Telmo de nuestros altares, con su nao y su candela verde -tal cual la representación numismática de los "Gemelos Dioscuros" en, por ejemplo, una moneda de Hephaestia de Lemnos-.

O primeiro documento onde atopamos a ligazón entre Frei Pedro González e San Telmo, atribuíndolle o chamado “fogo de San Telmo” ao dominicio soterrado na Catedral de Tui é no relato que realiza Ruy González de Clavijo da embaixada que o rei de Castela Henrique III envia ao Gran Tamorlán. Este libro está escrito en 1406 e recolle a viaxe de tres anos que realizaron para atoparse con este emir turco-mongol, que tiña como obxectivo procurar unha alianza con este conquistador para debilitar a ameaza do imperio otomano encabezado daquela polo sultán Bayaceto I. Aquela embaixada estaba dirixida polo noble galego Paio Gómez de Soutomaior e non sería dificil, como afirma Filgueira Valverde, que xunto a este pontevedrés viaxasen ata Samarcanda mariñeiros galegos.

Cómpre lembrar que este Paio, biznero do almirante e troveiro Paio Gómez Chariño, forma parte dunha linaxe estreitamente unida á cidade de Tui, que era natural de Pontevedra onde xa no século XIV existía o culto ao "Corpo Santo de Fr, Pedro González" que sería o titular do gremio de mareantes da vila do Lérez onde existía a capela do Corpo Santo na igrexa conventual de San Domingos. ¿Contribuiría estos elementos previos a que na súa vaixe atribuisen ao beato tudense este fogos?. Pero o certo é que este relato é a cita escrita máis temperá que posuimos sobre a ligazón entre Frei Pedro Gonzalez e este fenómenos dos "fogos fatuos", que acabou tendo unha amplia dufusión entre as xentes do mar, ata o punto de aclamar a San Telmo como o seu patrón e protector.

Foi un 17 de xullo de 1403 nas costas de Italia, fronte a illa de Sicilia, a par de dos islas que son despobladas e llaman a la una Paranea e a la otra Paranín anduvieron entre estas dichas dos islas que no podían salir de ellas por calma que hacía. Y en la noche estando entre ellas, a tres horas de la noche hizo gran tormenta, y tuvieron un gran viento contrario que les duró hasta la mañana.

Y miércoles todo el día a hora de medio día rompió las velas de la carraca, y anduvieron a árbol seco de una parte a otra, de manera que se vieron en gran peligro. Y duró la dicha tormenta martes y miércoles hasta dos horas de la noche, y las dichas bocas, señaladamente la de Strangol y Bolcante, con el gran viento lanzaba grandes llamas de fuego y humo con gran ruido, y durante la tormenta hizo el patrón cantar las letanías, y que todos pidiesen misericordia a Dios. E acabada la oración andando en la tormenta aparesció una lumbre de candela en la gavia encima del mástil de la carraca, y otra lumbre en el madero que llaman bauprés, que está en el castillo de abante: e otra lumbre como candela en una vara de espinelo que está en la popa, e estas lumbres vieron cuantos estaban en la carraca, que fueron llamados que las viniesen a ver, y duraron una pieza, de i desaparecieron, e non cesaba en todo esto la tormenta, y a poca hora fueron dormir, salvo el nauchel (piloto) y ciertos marineros que avían de guardar. E estando el nauchel y dos marineros que velaban despiertos, oyeron a par de la carraca un poco arredrado voces como de omes, y el nauchel preguntó a los dos marineros, si oyeran aquel ruido, ellos dixeron que sí, y en todo esto la tormenta non cesaba. E a esta hora vieron otra vez las dichas lumbres tornadas onde primero estaban, e entonces despertaron a la gente de la carraca, e vieron las lumbres, y contóles el nauchel lo que oyera, y duraron estas lumbres quanto dura una Misa, e luego cesó la tormenta. E estas lumbres que así vieron decían que era Fray Pero González de Tuy, que se avían encomendado a él, e otro día amanecieron cerca destas dichas islas, e a ojo de la isla de Sicilia, con buen tiempo seguro

Adoitaban os mariñeiros, nos barcos dos séculos XIV e XV, invocar ao noso santo co grito "Salva", que duraban todo o tempo que este lume misterioso: "Salva, San Telmo, Cuerpo Santo" ou "Salva, salva, Corpo Santo".

Sirva este pequeno apunte para celebrar con todos os tudenses a festa do noso santo padroeiro, achegando estas novas que testemuñan a riqueza que atesoura a figura de San Telmo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le