Ir al contenido principal

"Tuy" de Teodosio Vesteiro Torres (I)


Achegamos hoxe en “Tudensia” a unha figura literaria que pola súa prematura morte non chegou a desenvolver todo o que nos seus escasos anos apuntabe a prol da cultura de Galicia, falamos de Teodosio Vesteiro Torres. Un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria. Ten deixado unha importante achega, ás veces especialmente crítica, sobre a nosa cidade que cómpre resaltar e revalorizar, pois na actualidade segue practicamente descoñecido. 

Teodosio Vesteiro Torres nace en Vigo o 12 de xuño de 1848 e naquela cidade transcurríu a súa infancia e primeiros estudos ata que no ano 1860 ingresa no Seminario de Tui como interno tras acadar unha bolsa de gracia, o que evidencia a humilde condición da súa familia. “Os éxitos académicos –relata María Álvarez de la Granja- no se fixeron esperar. Xa no primeiro ano de Filosofía obtivo a máxima cualificación de meritissimus, cualificación que sería practicamente unha constante no resto dos exames de Filosofía e Teoloxía”. Paralelamente é designado bibliotecarios do seminario aos 21 anos (chegando a ordenar e clasificar arredor de 6000 volumes), e, sendo aínda estudante chegou a desempeñar unha cátedra de Humanidades. 

Curros Enriquez, no libro editado tras a morte de Vesteiro, sinala que aos 12 anos xa escribira varias composicións musicais, aos 13 unha zarzuela e arredor dos 17 outra de tres actos e con numerosos scherzos para piano, canto e pequena orquestra, e, que en recoñecemento a súa habelencia musical, chegou a dirixir en certas ocasións a orquestra da Catedral tudense. 

Tamén Curros informa da súa precocidade como autor literario, pois en 1861 publica a súa primeira poesía, en aos tres anos o seu primeiro ensaio poético “La peña del diablo”, pero a súa primeira publicación hoxe conservada é un acróstico, escrito en latín e dedicado ao bispo de Tui, García Antón, co gallo da súa onomástica e que foi publicado o 1 de setembro de 1869 no Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy. 

A súa estadía en Tui, de once anos, é un momento de grande actividade de Vesteiro Torres: figura como redactor e secretario da revista La juventud Católica de Tuy, editado nos anos 1870/71, voceiro da academia do mesmo nome, fundada en Tui polo catedrático do Seminario, Juan Benito Álvarez Mera, e que tiña como finalidade a defensa da Igrexa católica fronte ao modernismo. 

Nesta publicación e noutras coetáneas da nosa cidade colabora con intensidade Teodosio Vesteiro ata que en 1871 abandona o Seminario tudense, sen chegar a ordenarse aínda que rematara os cursos de Teoloxía necesarios. 

Trasládase a Madrid no mesmo ano, onde traballa como profesor de música e publica seis melodías para canto e piano titulada Flores de la Soledad. O seu curmán, Lorenzo Quinteiro, en cuxa casa residía, custea a edición dos cinco tomos de Galeria de Gallegos Ilustres e posiblemente do seu libro Versos en 1874, onde xunto as súas obras figuran traducións de Tíbulo, Byron, etc. Por estes anos edita tamén Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira, siglos XV a XVI ou Poetas de la Edad Media. Guerreros, marinos, príncipes, diplomáticos y artistas. 

Colabora en numerosos xornais e revistas de Madrid e Galicia e forma parte da Asociación de Escritores e Artistas de Madrid. En 1875 funda a asociación Galicia Literaria que aglutina aos intelectuais galegos residentes de Madrid. Tras unha visita a Vigo, onde recibe unha homenaxe, retorna a Madrid a comezos de 1876, pero o novo destino laboral do seu curmán obligao a residir nunha pensión, namentres o grupo de Galicia Literaria disolvese. Todo unido ao seu estado psicolóxico levárono a suicidarse o 12 de xuño de 1876, aos 28 anos de idade, nunha das salas do Museo do Prado. Anteriormente destruíra varias obras da súa mocidade: dous tratados de filosofía e teoloxía, dous dramas, unha zarzuela, e numerosos poemas e composicións musicais. 

No ano seguinte un grupo de escritores amigos quixo renderlle unha homenaxe co libro Corona poética na que colaboraron cos seus versos Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé, Francisco Añón, Ventura Ruiz Aguilera, Benito Vicetto, Alfredo Vicenti, Andrés Muruais e outros varios escritores, e no que figura un extenso Ensayo necrológico-biográfico, moi eloxioso, escrito por un dos grandes poetas galegos, Manuel Curros Enríquez. 

Resta por facer un estudo a fondo sobre a personalidade e trascendencia de Vesteiro Torres, abonde con apuntar un dato. En xuño de 1876 fixo doazón á Biblioteca da Universidade de Santiago dunha das súas mais importantes xoias, un exemplar da edición do Cancioneiro da Vaticana, Il canzoniere portoguese della Biblioteca Vaticana, messo a stampa, aparecido en Halle no ano anterior. Na longa dedicatoria autógrafa redacta o seu testamento cultural pois agardaba que esta obra servise «para auxiliar los trabajos de los hijos del país que quieran llevar a feliz término nuestro Renacimiento literario ya que nada ha sido posible al último, aunque más amante de sus compatriotas». 

Postumamente foron editadas varias obras de Vesteiro Torres: “Monografías de Vigo “ (Vigo, 1878 e reeditada hai algúns anos polo Instituto de Estudios Vigueses), “Páginas sueltas” (Lugo, 1892) con traballos históricos, literarios e filosóficos recollidos pola súa curmá Emilia Calé e o seu esposo Lorenzo Gómez; en 1896 Martínez Salazar na súa “Biblioteca Gallega” edita outras dúas obras “Poesías” e “Recuerdos de Galicia” 

A esta última obra, reeditada en fácsimile polo Instituto de Estudios Vigueses corresponde o seguinte texto dedicado á nosa cidade e que, pola súa extensión, ofrecemos en dúas partes.






TUY

A Telmo Rotea y Osorio

Orillas del Miño, el río del oro, alza sus negros torreones, verdaderos monumentos de la edad media, una de las más antiguas ciudades de Galicia.
Su ilustre abolengo brilla en los cuarteles de su escudo. Subían los nobles hijos del Arya á la cumbre del monte sagrado la noche del plenilunio, para ejercer sus misteriosos ritos. La memoria de los aborígenes fué perpetuada en los balsones de Tuy con la luna y tres estrellas en campo azul.
Pocos pueblos conservarán más impresas las huellas de las razas dominadoras. El tipo griego, el romano, el normando se adivinan en los campesinos de la comarca; pero ninguno tan marcadamente como el celta, sobre todo en sus hermosas mujeres.
La costumbres célticas se traslucen en las diversiones populares. Encendían nuestros abuelos sus luminarias en el solsticio de verano: la generación presente danza en torno de las hogueras por Sam Juan. Saludábanse aquéllos con el alegre aguein – Ah (el trigo germina), grito de esperanza y venturas; todo faltaría hoy, antes que el aguinaldo tradicional, en los patriarcales hogares de Tuy.
Erradas lecturas en lapidarios y cronicones, han hecho graios de gravios; y de ahí pudo originarse la creencia, harto extendida, de que Tuy fué colonia griega. Quién la supone fundada por Diomedes, quién por su hijo Tideo; no creemos nosotros rebajarla dándole más antigua existencia, y esplicando su nombre actual por el vocablo céltico Tuid, que significa pueblo.
Así se llamó en los siglos medios. Los cronistas latinizaron Tuda; y en el supuesto de la venida del príncipe troyano, fácilmente se creyó Tuda, Tude, Tide, Tydes, (que de todas maneras se dice), nombre memorativo de Tideo.
Ni tal mito poético es admisible, cuando el mismo Virgilio pinta á Eneas rodeado de las sombras de los capitanes muertos en Tebas, y entre ellos cita á nuestro fabuloso héroe: Hic illi occurrit Tideus.
Tuy es triste y sombrío. El casco de la población es pequeño, su centro está cruzado por calles angostas y tortuosas, cuya soledad angustia.
Los arrabales, brazos que parten de la misma ciudad, paralelos al río, son más alegres, y su edificación más elegante y moderna.
La campiña es deliciosa, Sólo viéndola, puede comprenderse la amenidad de aquella extensa y fértil vega del oro, surcada por el Louro, que se desliza entre arboledas hasta morir en el Miño.
Huertas de naranjos y limoneros hermosean los contornos, cuyas praderas, siempre verdes, brotan espontáneas las modestas escabiosas y las preciadas camelias del Japón.
En las tardes de Mayo embriagan las orillas del río, adornadas por bosques de sauce y enebro, en cuyos senos se ocultan nenúfares y madreselvas.
Los vecinos campos de Portugal, ideales de Salvator Rosa, forman la perspectiva Sur de aquel edén de flores; inmensos pinares cubren las cimas del Norte; corren al Este las azules linfas que besan voluptuosas dos patrias hermanas; y el sol se oculta tras los gigantescos peñones del monte Aloya, centro de panoramas inimitables, y urna de las grandezas del pasado.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall