Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

A masonería tudense: Triángulo "El Ibérico" en 1907

A historia tudense dos últimos séculos aínda agarda por quen a rescate da indefinición ou da nebulosa onde habita. Contamos certamente con numerosas achegas sobre aspectos diversos dos século XIX e XX pero carecemos dunha visión global que nos permita identificar os movementos sociais e políticos tudenses nestas centurias. Nin sequera posuímos unha visión dos partidos políticos na vida municipal. Achegamos hoxe un novo aspecto de interese para o discorrer das dinámicas políticas tudenses daqueles anos: a fundación no ano 1907 dunha agrupación masónica na nosa cidade: o Triángulo “El Ibérico”. Unha escasa documentación, catros breves folios, custodiada no Centro Documental da Memoria Histórica, en Salamanca, nos informa sobre a constitución deste agrupación da francmasonería na episcopal cidade tudense. Na masonería universal denomínase “triángulo” á mais reducida expresión orgánica, e que está integrada por un mestre masón e dous aprendices, en dependencia sempre dunha loxia nai qu

Centenario das RR. Doroteas en Tui, carta ao director de Mª D. Martínez Gamallo

Conmemoramos nestes días o centenario da chegada á cidade de Tui de dúas congreción relixiosas que fuxindo da persecución relixiosa existente en Portugal logo da proclamación da República –en outubro de 1910- que supuxo, entre ourras medidas, a disolución de todas as ordenes relixiosas e a súa expulsión do país. Consecuentemente a situación fronteiriza e episcopal de Tui converterón a nosa localidade en lugar de acollida para varias destas congregacións que estableceron en Tui un lugar de reunión para os seus relixiosos portugueses agardando á beira da fronteira o retorno ao seu país. O 1 de xaneiro de 1911 chegaron a Tui as Monxas Franciscanas “Hospitaleiras” e viente días despois as relixiosas de Santa Dorotea. Ambas continuan aínda establecidas en Tui e integradas na vida da nosa cidade. María Dolores Martinez Gamallo, compañeira no arquivo municipl de Tui, publica onte sábado 19 de febreiro nas “Cartas ao director” de "Faro de Vigo" unhas liñas en lembranza d

Na presentación do Boletín da RAG dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez

O pasado martes 1 de febreiro a Sala "Felix Rodríguez" acolleu a presentación en Tui do Boletín da Real Academia Galega, nº 369, que recolle os relatorios e comunicación presentados no congreso celebrado arredor da figura de Xosé María Álvarez Blázquez entre o 11 e 0 13 de decembro de 2008 neste mesmo lugar, como clausura dos actos celebrados naquel ano en torno á figura do polígrafo tudense a quen estivera dedicado o Día das Letras Galegas. Unha esplendida publicación con moi interesantes aportacións arredor da figura e a poliédica traxectoria do noso escritor e investigador. A Real Academia Galega tivo a deferencia de convidarme a participar nesta presentación e dado que varios seguidores de "Tudensia" así mo solicitaron vai de seguido a miña intervención naquel acto. No ano 2008 esta vella cidade tudense acolleu diversos actos conmemorativos arredor da figura de D. Xosé María Álvarez Blázquez, a quen estaba dedicada a celebración do Día das Letras. Penso que as