A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e
inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da
introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa
arquitectura do ferro.
Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes
metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878)
a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións
entre Galicia e Portugal.
Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada
por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función
de rúa central da Eurocidade Tui-Valença.
Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros”
que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no
pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a
autorización para este link.
Um Dia Como os Outros
Nos 125 anos
da ponte rodoferroviária de Valença-Tui.
Imagem: Dario
Silva e Pedro Miranda
Edição: Pedro Miranda
Assistente: Hugo Gomes
Edição: Pedro Miranda
Assistente: Hugo Gomes
Música: De
Ushuahia a La Quiaca - Gustavo Santaolalla
Conceito: Geofotografia.pt
Agradecimentos: CP, CP CARGA, REFER
Conceito: Geofotografia.pt
Agradecimentos: CP, CP CARGA, REFER
Que preciosidade!
ResponderEliminar
ResponderEliminarOllar a ponte de vagar, sen esa transitoria presenza na súa imaxe y estructura,facelo con esta pespectiva tan sosegada e diferente de Dario e Pedro, foi todo un pracer. Saudos, Xesús.
http://largandolastreyletras.blogspot.com.es/