Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

A documentación histórica da cidade retorna ao Arquivo Municipal logo de 69 anos

Vista parcial da documentación histórica do Concello de Tui no depósito provisorio para o seu tratamento técnico O Concello de Tui aparece como un órgano de goberno da cidade dende que Fernando II de concedeulle á cidade o seu “Foro”. Esta institución tivo sempre unha dependencia directa do bispo e señor da cidade, que controlaba o seu funcionamento e os nomeamentos, orixinando diversos conflictos ao longo da Idade Media. Será o bispo Diego de Muros quen, en 1484, promova unha nova ordenanza que regulan o funcionamento do Concello tudense onde a preeminencia episcopal continúa sendo absoluta. Na mesma liña están as Constitucións sinodais do bispo Diego de Avellaneda de 1528. O goberno municipal tudense estaba encabezado por un alcalde maior, un xuíz anual e catro xurados de nomeamento episcopal xunto a un procurador elixido polos veciños e confirmado polo bispo. Andando o tempo se incorpora a figura do rexedor, imposta pola monarquía, cargo público que, cando as dificultade