Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

Historia da eurocidade (II)

  A partir da chegada dos suevos (século IV) Tui se configura como un dos principais enclaves do seu reino, asi xunto con Lugo será unha das capitais de Galicia no reinado de Rekiamundo. Testemuño da importancia tudense nesta época é a existencia dunha ceca, para a acuñación de moeda. Así co rei Rekiamundo (458-463) figura o nome desta ceca en varias moedas. Salienta unha siliqua do Emperador Anastasio acuñada en Tui, sendo a primeira deste tipo que aparece co nome dunha ceca hispana. Tui figura tamén en moedas dos monarcas godos; Recaredo, Witerico, Sisebuto, Recaredo II, Chindasvinto e Recesvinto. Triente de Sisebuto (612-621) , acuñado en Tude Tamén datable neste período é láuda ou tapa de sepulcro- chamada de Modesa-, e o anel visigótico achado nesta cidade e diversos restos materiais (lauda de estola, enterramentos e estruturas) achados nas escavacións arqueolóxicas realizadas en San Bartolomeu. Lauda de "Modesa" no Museo de Pontevedra Pero a princip

Historia da Eurocidade (I)

En febreiro de 2012 os municipios de Tui e Valença asinaron o protocolo de creación da eurocidade marcándose o obxectivo de afondar nun traballo conxunto en diversos ámbitos de actuación, que expresase tamén neste nivel institucional o que dende sempre é a vida normal de valencianos e tudenses que comparten un territorio, convivindo con intensidade, posúen unha mesma identidade na que caben as normais diferenzas da súa diversas adscricións institucionais. Para afondar nesta vida compartida dende Tudensia achegamos, en varias entregas ou “posts”, unha breve historia desta eurocidade onde sinalaremos os principais acontecementos do seu devir temporal, aínda que dun xeito en exceso resumido o que implica, en moitos casos, unha simplificación dos acontecementos e unha renuncia explícita a unha análise polo miúdo . Historia eurocidade Tui-Valença O territorio enmarcado polo val do río Miño e os seus afluentes posúe unha axeitadas condicións para o desenvolvemento da vida huma