Ir al contenido principal

Encontro de científicos xesuítas en Tui no verán de 1915

Ás veces as pescudas nos sorprenden con algunha descuberta de interese. Velaí o caso de hoxe. Un amigo pediume que investigase se existía algunha imaxe da, tantas veces lembrada, pedra oscilante do monte Aloia. Os recursos que hoxe nos ofrece a rede son certamente inconmensurables e nunha vella revista científica editada en Roquetas (Tarragona) atopo a fotografía dese famoso penedo. Figura esta imaxe, da que nos ocuparemos nun próximo “post”, nun interesante artigo da revista “Ibérica, do Observatorio do Ebro” de 1916 titulado “Excursiones científicas por el Norte de España” da autoría do xesuíta Longinos Navas que nos proporciona outra interesante imaxe.
A Revista Ibérica naceu en 1913 co obxectivo de difundir semanalmente o coñecemento científico e tecnolóxico da época. O proxecto foi pioneiro en España e logrou manterse noventa e un anos durante os que documentou a revolución tecnolóxica do século XX.


Trátase dunha “foto de familia (…) en la galería de la casa-residencia, calle San Telmo” onde figuran ata seis xesuítas. O pé de foto nos informa dos nomes dos retratados: PP. Navas, Mendes e Merino, xunto ao Irmá Roque, e os PP. Redondo, Tavares e Marinho. Nunha primeira impresión só o nome de Bartolomé Merino, S. J., notable erudito e profesor no Colexio da Pasaxe (A Guarda) resulta coñecido. Estamos no verán de 1915.

A curiosidade nos leva a pescudar nos protagonistas desta instantánea e nos agardan importantes sorpresas.

Tui acollía por aqueles anos a diversas comunidades relixiosas de orixe portugués que tiñan sido expulsadas do país veciño en 1910 coa implantación da República. Xa recollemos neste blog as referencias ás comunidades de Maristas, Doroteas ou Franciscanas Hospitaleiras que se asentaron en Tui na espera do retorno ás terras portuguesas. Os xesuítas tiñan, como nos informa este artigo, unha casa alugada na rúa San Telmo onde se toma a fotografía que achegamos e que é a casa co actual número 26  na que un grupo de membros portugueses da Compañía de Xesús residiron ata inicios do anos trinta en que puideron regresar a Portugal. Nesta residencia vivía un grupo de xesuítas que, entre outras misións, eran capeláns de diversas comunidades relixiosas tudenses: como os Maristas, que daquela tiñan o seu colexio na mesma rúa de San Telmo, ou as comunidades femininas de Doroteas, Hospitaleiras ou do Bó Pastor, acollidas ao exilio tudense agardando o regreso a Portugal.

Rúa San Telmo, nº 26

Os xesuítas da Provincia portuguesa pasaron – tras a súa expulsión de Portugal no 1910-, primeiro, a Holanda e Bélxica e tamén a Brasil para logo chegar a España; en San Martín de Trebejo (Cáceres, unha das localidades onde se conserva “a fala” galega) crean a Escola Apostólica; o Juniorado e Filosofado se instala en Santa María de Oia (Pontevedra); a “Casa de Escritores” que acolle a redación das revistas “Brotéria” e “Mensageiro do Coraçao de Jesus” en Pontevedra, concretamente no colexio de Placeres - Lourizán  e, finalmente, arrendan, e logo mercan, os bens dos xesuítas españois sitos en A Pasaxe (Camposancos – A Guarda). En 1914 –ao iniciarse a I Guerra Mundial-, o antigo Colexio de Campolide, ata daquela trasladado a Inglaterra, se implanta en Placeres e aos dous anos se instala na Pasaxe, co nome de Colexio “Nun’Alvres” (este era un heroe da batalla de Aljubarrota onde as tropas portuguesas derrotaron ás casteláns logrando a independencia de Portugal) que tiveron de cambiar, por orde expresa do Goberno Español en 1928, poñéndolle o título de “Colexio de María Inmaculada”. Retornaran a Portugal a partir do ano 1932.

Na etapa dos Xesuítas da Provincia Portuguesa, o Colexio de O Pasaxe tiña un gran nivel científico no profesorado. Nomes como o xesuíta  Eugenio Jalhay que descubriu unha Estación Prehistórica no Castro da Forca no monte Tegra (preto do parque de O Cancelón) ou padre Alfonso Luisier que foi un dos grandes botánicos de todos os tempos.

Os xesuítas portugueses tiñan impulsado en 1902 a creación da revista “Brotéria” para que os naturalistas da Compañía de Xesús e outros investigadores publiquen os resultados dos seus estudos. Destacou esta revista, nos cen anos da súa edición, polos mais de 1300 traballos publicados de botánica, zooloxía ou xenética; nas súas páxinas foron descritas e clasificadas sistematicamente 1327 novas especies zoolóxicas e 887 novas especies botánicas; unha clara expresión da relevancia científica desta revista no contexto portugués e internacional. 




Unha das súas principais preocupacións era a divulgación científica a que dedican amplo espazo en cada número. “Brotéria” será unha das mellores revistas de historia natural e un dos principais pulos á renovación das Ciencias Naturais en Portugal. Tomou o nome en homenaxe ao célebre naturalista portugués Félix de Avelar Brotero (1744-1829). A revista se interrompe en 1910 pero aos dous anos se volta ao prelo, publicándose o número de 1913 en Salamanca e o correspondente a 1914 na cidade de Tui, aínda que a redacción da publicación está, como xa apuntamos anteriormente, no colexio de Placeres, en Pontevedra. O exilio dos seus redactores en Brasil e Galicia leva a que neste anos na revista figuren numerosos traballos sobre historia natural brasileira e galega.

Este longo exordio contextualiza aos persoeiros que atopamos nesta fotografía, todos eles membros da Compañía de Xesús pero destacados naturalistas que naqueles anos están á cabeza da investigación científica neste ámbito.


P. Longinos Navas, S. J.

Daremos de seguido noticia dos presentes seguindo a relación que figura no pé de foto. En primeiro lugar  P. Longinos Navas, S.J. autor do artigo “Excursiones científicas por el Norte de España” que da orixe a esta pescuda. Observamos neste artigo que comentamos os seus coñecementos sobre a entomoloxía, que o trae ata Tui para ampliar as súas investigacións e atoparse na nosa cidade, no verán de 1915, con egrexias personalidades que compartían non só os intereses científicos senón tamén a súa condición de xesuítas.

O P. Navas (1858-1941) foi nado en Cabacés – Tarragona, comezou os seus estudos na Compañía en Francia, ao estar expulsada a Orde de España, finalizándoos na Facultade de Tortosa. Profesor en Zaragoza e logo en Madrid, fundador da Sociedad Aragonesa de Ciencias Naturales, máis tarde chamada Sociedad Ibérica de Ciencias Naturales e da Sociedad Entomológica de España, colaborador en todas as revistas españolas de historia natural. Especialista mundial en entomoloxía, especialmente en neurópteros; fixo tamén interesantes achegas á liquenoloxia hispana.

Un dos fundadores da revista “Brotéria” está tamén presente neste encontro tudense, o P. Candido Acevedo Mendes, S.J., (174-1943) cursou os seus estudos teolóxicos superiores en Roma e logo foi profesor de Física, Química e Ciencias Naturais no colexio de Sao Fiel. Foi un dos fundadores, co P. Tavares, da Sociedade Portuguesa de Ciencias Naturais. Tras a expulsión de 1910 tenta, dende o exilio, recuperar as importantes coleccións naturalistas do colexio. Publicou 48 artigos en “Brotéria”, a maioría sobre lepidópteros.


P. Baltasar Merino, S. J.

Recoñecemos xunto ao grupo ao mais veterano, e xa daquela estimado como unha grande autoridade científica, é o P. Baltasar Merino, S. J., nado en 1845 en Lerma – Burgos, e que dende 1880 se incorpora ao Colexio dos Xesuítas (españois daquela) da Pasaxe ata o traslado deste centro a Vigo en 1916 onde morre ao ano seguinte. Neste colexio ensina, primeiro inglés, é logo prefecto do seminario de pobres e, sobre todo, profesor de Ciencias e director do Observatorio Meteorolóxico do Colexio ata 1906. Está recoñecido como un afamado botánico de talla mundial.

Fundador da Sección de Santiago da Real Sociedad Española de Historia Natural, presidente da Sociedad Aragonesa de Ciencias Naturales e da Academia Internacional de Xeografía Botánica.

Autor dunha monumental obra Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, editada en tres volumes entre 1905 e 1907, cuxa ampliación publica en “Brotéria”, e do chamado “Herbario Merino”, froito das súas pescudas, e hoxe diseminado, entre outros lugares, no Arboretum do Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán que conserva mais de 10.000 pregos do mesmo. Moitas das súas obras foron editadas na imprenta da Tipografía Regional na nosa cidade.



Na segunda ringleira temos ao daquela irmá Joaquim Duarte Roque, administrador da revista “Brotéria”. No exilio se instala no Colexio da Pasaxe e durante tres anos se dedica a recoller lepidópteros polas abas do monte Santa Tegra. Os exemplares que capturou envioullos ao P Cándido Mendes que estaba en Salamanca será este quen os prepara e publica o terceiro listado de noctúidos galegos, cincuenta e catro especies, case todas dos arredores de Camposancos.

Sobre o P. Redondo, S.J. carecemos de noticias salvo que publica na revista “Brotéria” en 1915 unha lista de coleópteros de Salamanca, que comprende 388 especies, entre elas dúas novas variedades do Zonabris decempuncíafa. O que testemuña tamén o seu exilio fóra de Portugal.


P. Joaquim da Silva Tavares

Segue na instantánea o P. Joaquim da Silva Tavares, S. J. (Cardigos, 1866 – Paris, 1931). Completou a súa formación teolóxica en Viena. Foi profesor de portugués, latín, grego, física, química, ciencias naturais e historia natural nos colexios de Setúbal, Campolide e Sao Fiel. Neste último foi director do Herbario, do Museo de Historia Natural e finalmente do propio colexio, e alí funda a revista “Brotéria” xunto aos PP.  Cándido Mendes e Carlos Zimmermann. O P. Tavares é un entomólogo temperá, especializado naquela altura no estudo das zoocecidias (deformacións inducidas polos insectos nas plantas). No 1910 vai ao exilio en Salamanca, Brasil e Pontevedra. Estas estadías lévano a interesarse por novos temas especialmente de divulgación científica. No ano da fotografía, 1915, Tavares e outros colaboradores de “Brotéria” exercen como docentes no colexio da Pasaxe.  Membro de innumerables institucións científicas de varios países é unha indiscutida autoridade en entomoloxía.

Finalmente figura na fotografía o P. Marinho do que carecemos de calquera noticia que nos permita a súa identificación.

Asi pois esta foto nos documenta esta singular xuntanza de eruditos na residencia dos xesuítas portugueses na rúa San Telmo da nosa cidade, coa presenza de egrexios investigadores que naquelas anos estaban na primeira liña da investigación científica en materia de Ciencias Naturais.

Achegamos, de seguido, o artigo que orixina este post e que nos ofrece as impresións do P. Longinos Navas, S. J., sobre o Viveiro de Areas e a repoboación do Monte Aloia que impulsaba naqueles anos o enxeñeiro tudense, Rafael Areses Vidal.



EXCURSIONES CIENTÍFICAS POR EL NORTE DE ESPAÑA

Debiera llamarlas entomológicas o mas bien neuropterológicas, las que realicé el verano pasado por el Norte de nuestra patria, desde el día 20 de junio al 29 de julio. Su relación sucinta no dudo interesara a muchos de Ios lectores de Ibérica.

Unas partidas de caza.- Pues ¿no interesa la relación de una partida de  caza?. A la verdad, lo que yo realicé y suelo realizar con frecuencia, no fueron sino partidas de caza, pero no de caza mayor, si no de caza menor, o por decir mejor, mínima. Las presas apetecidas no eran el conejo o la perdiz,  el venado o el oso, si no los menudos insectos, o con mas propiedad los Neurópteros. Las armas casi exclusivamente empleadas eran la manga, como se llama, de coger mariposas, o el mariposero, como lo llama el vulgo. Las piezas cobradas diariamente por el entomólogo no son alguna que otra, como ocurre a los demás cazadores cuando son afortunados, sino a cientos o a miles, que en tal número entran en la manga al pasarla por las hierbas, matas y ramas de arbustos y arboles de los bosques o de las orillas de arroyuelos y ríos. Y ¿creéis que es pequeño el gozo del cazador  de insectos, al registrar la manga, cuando en el fondo de ella y entre docenas o cientos de insectos vulgares, que deja en libertad, acierta a descubrir un ejemplar raro, joya de las colecciones, acaso todavía no visto ni hallado en la región, o en Europa y aun en el mundo entero?

Cuando esto ocurre o sospecha el entomólogo ¡con qué cuidado aprisiona aquella prenda preciosa y la pone a buen recaudo en el frasco o en el fondo de la caja que lleva prevenida! Mas digamos de mis excursiones.

Terreno escogido.-EI sitio escogido para nuestras cacerías fué el Norte de España, principalmente Galicia al NO. y el valle de Aran al NE. ¿Por qué? Son estos parajes riquísimos, según presumíamos, en insectos, particularmente Neurópteros, por estar cruzados de arroyuelos y llenos de vegetación, circunstancias muy favorables al desarrollo de tales insectos, y por otra parte, apenas habían sido explorados por los naturalistas  españoles. Me Iisonjeaba de que si pudiese recorrer por dos o tres semanas sitios escogidos de Galicia, y por una o mas el valle de Aran, lograría reunir dos o trescientas especies de Neurópteros, que es casi la mitad de lo que se conoce en España, y que entre ellas habría no pocas halladas por primera vez en nuestra nación, y acaso dos o tres nuevas totalmente en el mundo, no descubiertas hasta ahora, nuevas, como decimos, para la ciencia.

En Tuy (Pontevedra).-Provisto del correspondiente kilométrico, salí el 20 de junio por la noche de Zaragoza. Un día, el 21, me detuve en Valladolid; no sin provecho, pues explorando en breves horas las orillas del Pisuerga, en compañía del P. Guereta, S.J., añadí una docena de Neurópteros a los que de aquella localidad se conocían. ¡Una especie nueva!, exclamé con júbilo al reconocer un bichito que vino a mis manos. Lo era en efecto; mas ¡oh fatal coincidencia! aquellos mismos días en París daba su descripción el señor Lacroix, con el nombre de Psocus Alluaudi; él había tenido la fortuna de hallarlo unos meses antes en Francia. Quedó, pues, nuevo para la península ibérica
.
De un tirón había de ir de Valladolid a Tuy. Admirabase el empleada en la taquilla cuando a la mañana siguiente quise partir, aconsejábame y que tomase el rápido de la noche, por no tener que aguardarme tres horas en la estación de León, de 1 a 4 de la tarde. Esa detención estaba ya prevista y era precisamente la que me halagaba, porque esperaba poder coger siquiera dos o tres especies de Neurópteros en las orillas del Bernesgà. ¡Cual no sería mi asombro, al bajar a la ribera en frente de la estación, al conseguir en breve tiempo unas diez, pareciéndome una de ellas nueva para la ciencia! Aquéllo preludiaba lo que habían de ser las cazas de Galicia.

No puntualizaré las excursiones que realicé por los alrededores de Tuy con los PP. Tavares, Redondo y Marinho y H. Roque, redactores y administrador respectivamente de la revista Broteria, siempre con éxito lisonjero. Pero aunque sea con rapidez, no puedo dejar de mencionar tres sucesos de mi estancia en Tuy, de recuerdo a cual mas agradable.  

1. Los redactores de “Broteria”.- Hallándonos felizmente reunidos en Tuy varios de los mas asiduos colaboradores de Broteria, revista luso-brasilera de Ciencias Naturales, quiso su Director el P. Tavarés conservar como un recuerdo de familia el grupo fotográfico sacado en la galería de la casa-residencia, calle de San Telmo. De derecha a izquierda, en primer término, los PP. Navas, Mendes y Merino.- En segundo término, el H. Roque, P. Redondo, P. Tavares y P. Marinho


Museo Forestal de Areas

2. La visita al vivero de Areas.-La curiosidad científica y el cariño del P. Merino a su antiguo discípulo en el Colegio de La Guardia, don Rafael Areses, nos llevó a la visita de aquel preciosísimo vivero, situado en el municipio de Areas, de donde se esparcen por toda Galicia miles y miles de arboles de todas clases, ofrecidos gratis a quienes los demandan para repoblar bosques o adornar jardines. Ni el tiempo de que disponíamos, ni el sitio, se prestaban a abundantes cosechas de insectos, pero compensóse bien esta escasez con la vista del vivero. Encantónos sobre todo al P . Merino y a mi, la visita de la casa del Director señor Areses y de sus oficinas, constituídas en un museo viviente forestal, donde juntamente con fotografías, cuadros instructivos, instrumentos y productos forestales, vense por doquier en las paredes carteles con máximas de personajes que han hablado con entusiasmo en pro de nuestros bosques, de las cuales me permitiran mis lectores que traslade aquí solamente algunas de las que mas me recrearan:

"Niños, el que hiere o mata sin razón un árbol, comete un delito en algo parecido al que hiere o mata a su mejor amigo".- Andrés Manjón.
"Sí: los montes guardan los orígenes de la arquitectura; constituyen las mas grandes esculturas que se levantaron sobre la tierra; forman las animadas pinturas con que los pueblos ven adornada el patrimonio nacional;· poseen la fuente de inspiración de los mas renombrados poetas; y son los templos en que sonó la música que cantó las primeras alabanzas al Creador";.-Àndrés Avelino de Armenteras.
"Talar los montes y destruir los pájaros es obra de insensatos: aquéllos y proteger la cría de estos merece bien de los hombres, de la Patria y de Dios".-Ricardo Codorníu.

En aquel museo y oficinas que tan deliciosos instantes nos proporcionaron, no hallo otro defecto sino el no encontrarse en una ciudad o en sitio a muchos asequible, para que con su frecuente visita se infiltre en el animo del pueblo el respeto al árbol y a la repoblación de nuestros campos y montes.



3. La ascensión al monte Aloya.- Levántase este monte a 630 metros sobre Tuy, y es digno de visitarse  por muchos conceptos,  siendo el primero el santuario de San Julián, centro de la devoción, y peregrinaciones de toda la comarca. Además de esto, es objeto de una intensa repoblación forestal por parte de don Rafael Areses.  Vense por doquiera crecer ios arbolillos de todas suertes, que en breve tiempo convertirán aquel monte en frondoso bosque de delicias codiciadas de peregrinos y turistas. Añadamos, que algo del espíritu del turismo domina en aquel monte, ya por las máximas favorables a la repoblación forestal, o en general al árbol, que se ven grabadas en las rocas de los contornos, ya por los caminos trazados hacia las principales vistas.

Entre ellas me encantó la de la piedra oscilante. Vímosla oscilar al esfuerzo de un solo hombre. Era fenómeno para mí-nunca visto; y de tal manera me satisfizo, que por él solo di era por bien empleado el trabajo de la ascensión, aunque no fuera abundante y rica la caza que hice de Neurópteros. De ellos sólo mencionaré aquí el hermoso y caprichoso Ascalaphus longicornis L. Era el primer ejemplar de Ja especie y aun de la familia de los Ascaláfidos, que en Galicia se cogía. Ya estaba satisfecho; ya me constaba que esta familia, extendida por toda España, estaba representada en Galicia, al menos por una especie.

En Santiago.-Pasemos por alto las excursiones que en La Guardia realicé los días 24-26 de junio con los PP. Merino y Olabide,- para decir dos palabras de Santiago. Alla partí con el P. Tavares, y con él exclusivamente exploré las orillas del Sar y del Sarela y el Parque de la condesa de Terranova, los días 1 y 2 de julio, con abundante y riquísima cosecha en todas partes.  Orientónos don César Sobrado Maestro, catedrático de la Universidad, al cual pudimos ver merced a la amabilidad de don Eugenio Labarta, Ingeniero de Minas, antiguo discípulo del P. Merino, quien toda la mañana del 10 de julio estuvo con nosotros haciéndose nuestro Cicerone, guía y casi criado.

Seguramente se debió a su pluma un laudatorio suelto dedicado al P. Tavares y a mí, que publicó el Diarío de Galicia el día 3, y que nos mostraron cuando ya estabamos en el tren a nuestro regreso.

En Viana del Bollo (Orense).-Breves, pero deliciosos días pasé en Marín o en el Colegio de los Placeres que los Padres portugueses tienen en el municipio de Lourizan, donde aproveché bien el tiempo en compañía del mismo P. Tavares y del P. Alves. No pude detenerme, porque cediendo a una invitación del P. Merino, que iba a herborizar a la provincia de Orense, convinimos en reunirnos en Tuy el día 6.

E dende Tui continua a súa viaxe por Viana do Bolo e regresa a Zaragoza tras varias paradas intermedias.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le