Ir al contenido principal

Unha lembranza serodia e solitaria no centenario de Xosé María Álvarez Blázquez


Un catro de febreiro de 1915, fixo onte cen anos, no Paseo da Corredeira tudense, daquela chamada rúa Elduayen, naceu un rapaziño que recibirá os nomes de José María Amalio Gerardo Ignacio Álvarez Blázquez. Na casa familiar da rúa El Pilar, no arrabalde do Rollo –a que se trasladou ao pouco tempo a familia do médico Dario Álvarez Limeses e a súa dona María Blázquez Ballester-, transcurríria a nenez de Xosé María e os seus cinco irmás (varóns todos Darío, Emilio, Alfonso, Celso e Álvaro). Naquela casa e naquela horta, ampla e con numerosos recunchos,  situada xa nos límites urbanos da cidade tudense, nun enclave privilexiado para vivir conxuntamente o mundo da sociedade burguesa tudense, nunha época de decadencia, e o mundo labrego e popular, das tarefas do campo, dos oficios tradicionais… será onde Xose María e os seus irmáns descubran paseniñamente os recodos da vida, personal e colectiva. Como lembrará co tempo o seu irmá Emilio “toda a curiosidade non lle cabia no peito”.

A terra estaba virxe e nós, os nenos,
lle imamos poniendo nome, a brincare.
A cousa máis cativa tiña un nome
da nosa fantasia

Será en Tui onde escriba os seus primeiros versos, con doce anos de idade asina o poema “Queixas” nun 24 de decembro de 1927, e nos que amosa xa súa querencia pola lírica popular como naquel outro poema titulado “A campana da miña igrexa” de 22 de xuño de 1928.
Tras os seus estudios tudenses en Pontevedra, onde residía a familia paterna, completará a súa formación académica – rematando o Bacherelato e cursando os estudos de Maxisterio-, aquí comeza a súa andaina política na Federación de Mocedades Galeguistas –chegando a pronunciar un vibrante discurso conmemorativo do aniversario dos Mártires de Carral- e onde inicia a súa carreira literaria, especialmente lírica, coa publicación do poemario “Abril” e doutros poemas na revista “Cristal”.
En Tui realiza as súas prácticas como mestre, na escola de nenos da rúa Sanz, e posteriormente ocupará, no curso 1935-36, a praza de mestre titular na escola das “Olivas”, a poucos pasos da casa familiar do Rollo.
Foi en Tui onde Xosé María Ávarez Blázquez encetou o seu labor de arqueólogo e prehistoriador. Así no ano 1935 acompañará aos rapaces do grupo “Ultreya” tudense, que dirixia o erudito local Manuel Fernández-Valdés Costas, nas campañas de escavacións arqueolóxicas no xacigo do castro de Cabeza de Francos, ou logo no de Cotarel en Randufe… con eles organizara o primeiro museo tudense, instalado nas dependencias do Instituto recen creado en Tui no antigo convento de San Domingos… A estas terras miñotas adicoulles as súas pescudas polas terrazas fluviais, xunto co seu amigo Fermín Bouza Brey, na búsqueda de materiais paleolíticos.
O estoupido da Guerra Civil racha radicalmente esta traxectoria vital mesmo a súa propia vida: o seu pai é fusilado, él é expedientado como mestre e debe incorporarse ao exército; en 1941 morre pola tise o seu irmá Celso, aos poucos anos a familia vende a súa casa tudense e instálase na cidade de Vigo, anguriados polas penurias económicas e, sen dúbida, que tamén, polas lembranzas:

Nada xa me conmove,
o que me fire e me doi, o que me inqueda,
é aquil neno que eu fun, sempre perdido

Sen dúbida, que estes mouros acontecementos marcan a sua relación con Tui dun xeito moi intenso, pero a esta cidade e as súas terras adicoulles, andando os anos, outros moitos traballos de historia, de arqueoloxia, de literatura, mesmo foi pregoeiro das festas de San Telmo en 1977…

San Pedro González Telmo:
caballero de los mares
sin armadura ni yelmo.

As paisaxes tudenses, especialmente o rio Miño, estarán presentes en moitas páxinas da súa producción literaria. Cabería lembrar que foi finalista, xunto con Carmen Laforet, da primeira convocatoria do “Premio Nadal” no ano 1945.
Pero estes traballos en relación con Tui son testemuña, primixenia pero mínima, dunha adicación integral a prol da cultura de Galicia, dun compromiso inxente pola posta en valor da nosa cultura propia

¡Ouh, terra, pois xa tanto me traspasas
que, por ti, teño o peito en pedra viva!

Dende as terras que bica o Miño, sirvan estas liñas, de humilde serodio e solitario homenaxe desta cidade, “vella e gris” como él dixo, para neste aniversario recoñecer en Xosé María Álvarez Blázquez, un “rico tesouro”, un egrexio tudense, e que a decisión da Real Academia Galega nos permitiu recuperar no ano 2008 a súa memoria coa dedicatoria do “Día das Letras Galegas” ficandio dende aquela o seu nome no acervo colectivo de Galicia.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le