Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos

Notas gastronómicas tudenses

En días pasados un amigo agasalloume co libro de Alejando da Cuña Fernández, titulado “Receitas con historia”   onde o autor realizar unha escolma de 54 receitas de cociña recollidas da tradición de diversas familias da nosa contorna e mesmo do mosteiro das Clarisas tudenses. Un libro altamente recomendable non xa polas súas posibilidades, pois nos abre a saborear   un   amplo número de pratos altamente atraintes, senón polo significado cultural que agochan as follas deste volume. Nas súas 119 paxinas atopamos as principais receitas das lareiras tudense, os seus produtos gastronómicos máis recomendables: anguías, bacallau, lampreas,   sábalo, coello, cordeiro, empanadas, ovos, legumes, etc e unha sele c ción de doces caseiros. A gastronomía conforma un dos grandes tesouros que posuímos en Galicia e que paseniñamente imos recuperando e revitalizando. A tradición culinaria é tamén un aspecto substancial da nosa identidade colectiva, un aspecto da nosa tradición, do noso patrimo

MC anos da restauración da sede episcopal por Ordoño II

Vimos de comezar o novo ano 2016 e ao abrir esta nova páxina temporal podemos ollar tamén como no pasado ano cumprironse 1100 anos da restauración da sede tudense polo monarca leonés Ordoño II no ano 915. Posiblemente o escaso coñecemento da historia altomedieval de Galicia e consecuentemente tamén do territorio tudense xunto ao desleixo con que os tudenses ollamos para o noso pasado histórico, entendido tantas veces como un acervo idealizado e non como unha potencial fonte de riqueza (cultural, social e mesmo económica). Ordoño II nunha miniatura da Catedral de León Nas diversas publicacións existentes sobre a historia de Tui este acontecemento é obxecto dunha somera cita ou directamente ignorado. Recuperar esta páxina do noso pasado, procurando contextualizar e revelar a dimensión deste acontecemento é unha forma non xa de coñecer o noso pasado histórico senón de dotar á   nosa cidade e as súas xentes de referentes e recursos para a recuperación do relato do noso patrimoni