Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

Notas gastronómicas tudenses

En días pasados un amigo agasalloume co libro de Alejando da Cuña Fernández, titulado “Receitas con historia”onde o autor realizar unha escolma de 54 receitas de cociña recollidas da tradición de diversas familias da nosa contorna e mesmo do mosteiro das Clarisas tudenses. Un libro altamente recomendable non xa polas súas posibilidades, pois nos abre a saborearunamplo número de pratos altamente atraintes, senón polo significado cultural que agochan as follas deste volume.

Nas súas 119 paxinas atopamos as principais receitas das lareiras tudense, os seus produtos gastronómicos máis recomendables: anguías, bacallau, lampreas,sábalo, coello, cordeiro, empanadas, ovos, legumes, etc e unha selección de doces caseiros. A gastronomía conforma un dos grandes tesouros que posuímos en Galicia e que paseniñamente imos recuperando e revitalizando. A tradición culinaria é tamén un aspecto substancial da nosa identidade colectiva, un aspecto da nosa tradición, do noso patrimonio, que cómpre revitaliz…