A comezos do ano 1932 o daquela
profesor do Instituto de Noia, Álvaro de las Casas, funda con varios rapaces alumnos
seus os Grupos Ultreya que terán un curto pero activo papel no desenvolmento da
nacionalismo entre a mocidade galega.
Alvaro de las Casas (Ourense,
1902 – Barcelona, 1950) é unha persoalidade apaixoante (o estudo de Uxio
Breogan Dieguez asi o documenta). Tras os seus estudos de Filosofía e Letras
(especialidade de Historia) en Valladolid, trasladouse a Madrid sendo nomeado
secretario particular do conde de Vallellano, alcalde de Madrid. Mantivo de
sempre grande relación con intelectuais galegos especialmente con Vicente Risco.
Pero en 1930 da un xiro a súa
actividade, adoptando unha actividade galeguista e republicana, incorporándose
ao ensino público. Chega en 1930 como profesor de Xeografía e Historia ao
Instituto de Noia, posto no que continuará ata a súa destitución polos sublevados
en agosto de 1936, cando xa tiña fuxido para Portugal. Tivo unha traxectoria ás
veces polémica, pero ninguen dubida do seu activismo, do seu caracter dinámico
e innovador.
O 10 de febreiro de 1932 pois constitúese de forma oficial a
Agrupación Xuvenil Galeguista Ultreia, exclusivamente masculina, malia que o
instituto de Noia era mixto, que terá por principais obxectivos o coñecemento
pleno de Galicia por parte da mocidade (cultura, economía, natureza...), así
como tamén o melloramento físico do corpo a base de excursións, exercicios
ximnásticos e paseos.
Álvaro de las Casas cun grupo de mozos "Ultreyas"
Xorden os Ultreyas a imitación doutras asociacións excursionistas e nacionalistas como os Palestra en Catalunya, os Mendigotxales en Euskadi, e doutros nalgúns países europeos, como Alemaña, por eso en xeral o seu nacemento foi ben recibido polo galeguismo cultural e político, de tal forma que o Partido Galeguista introduciu como secretario xeral a Francisco Fernández del Riego. O apoio do partido durou escasamente un par de anos, pois pronto recoñeceron á Federación de Mocidades Galeguistas como unica organización xuvenil do nacionalismo en maio de 1934, o que significou un debilitamente progresivo dos grupos Ultreyas e as súas actvidades, pese a que moitos militaban en ambas organizacións. Xa anteriormente, en setembro de 1932, Álvaro de las Casas abandonara o Partido Galeguista, sen por eso renunciar ao seu galeguismo nin á dirección dos Ultreias. Mesmo en 1935, cando os folgos iniciais xa estaban esmorecendo, participaban no seu Consello homes tan significativos como Vicente Risco, Ánxel Casal ou Camilo Díaz Valiño xunto a Xosé Filgueira Valverde. Fernández del Riego e o propio Álvaro de las Casas que ocupaban estes postos dende os inicios dos grupos.
O logotipo escollido como símbolo desde o comezo foi un tríscele
que, malia ás opinións contrarias dos que non lles gustaba pola manifesta semellanza
coa esvástica hitleriana, manteríano ata a extinción da agrupación a partir do
18 de xullo de 1936 como sinal identificativa da súa indumentaria..
Nun primeiro momento o crecemento foi espectacular; en pouco
meses eran mais de 800 afiliados, con agrupacións en Noia, Vigo, Pontevedra,
Vilagarcía, Ourense, Santiago, Redondela, A Estrada, Padrón, Lugo e Tui.
Francisco Fernández del Riego, secretrario xeral dos
Ultreias, escribiu sobre as súas actividades:
As
peregrinaxes polos litorais galegos (como a excursión marítima polas Rías Baixas ou
polo Barbanza) e por terras do
interior (á Misión Biolóxica de Galicia ou polo Ribeiro de Avia), en
autobús ou a pé, acadaban proveitosos resultados formativos. Por outra banda, o
labor de formación cultural cifrouse na edición e espallamento de amplas series
de cantigas populares, de refraneiros, de romances. Ou de publicacións postais
coa “Carta das nacións céltigas”, así como de pequenas biografías de
personalidades da Galicia histórica e literaria. Os membros dos diversos grupos
saían cada domingo a venderen libros na nosa língua por vilas e cidades.
Espallaron centos e centos do folleto “Dez cursos de traballo do Seminario de
Estudos Galegos”.
Para documentar a
actividade da agrupación tudense dos Ultreyas existen grandes dificultades
derivadas dunha parte da ausencia dun achegamento histórico ao período da II
República na cidade do Miño e da parquedade das fontes documentais e
xornalísticas sobre este grupo xuvenil.
O nacemento dos Ultreyas de
Tui está ligado, como no caso de Noia, ao Instituto de Segunda Enseñanza creado
pola II República no ano 1933 e que ocupa as dependencias do antigo convento de
San Domingos. Foi o seu director Manuel Losa Álvarez (catedrático de lingua e
literatura española), e entre os seus
profesores estaban: Salvador Parga y Pondal (profesor de xeografía e historia,
é un dos guías da segunda Xeira dos Ultreyas consistente nun cruceiro polas
Rías Baixas no verán de 1933) substituído en 1936 por María del Pilar Delgado
Piñar; Benito Prieto Cussent (de debuxo e inesquecible pola súa actividade);
Xesús Ferro Couselo (de latín e literatura e que asumirá a dirección da revista
escolar “Tude” da que saíron tres números), Efrilde Jasdon Lidner (de francés), Jesús Gómez
Somoza (de agricultura e ciencias naturais), Teodoro Aparicio Gutiérrez (de
física e química) que foi reemprezado en 1936 por Luis María Iribarren Irurzun
e Demetrio Espurz Sánchez (de matemáticas).
Cuartel de San Domingos
Álvaro de las Casas cita unha conferencia impartida no
Instituto de Tui en 1933, a pouco de iniciarse o curso; de seguro que a súa
presenza influiría decisivamente na creación da agrupación de “Ultreyas” de
Tui. O animador documentado deste grupo tudense será Manuel Fernández Costas
(que dende 1947 usuará o nome de Manuel Fernández-Valdés Costas). Nado en 1887
foi administrador de aduanas, membro do Seminario de Estudios Galegos,
colaborador da revista “Nos” onde publica senllos artigos sobre o paleolítico
nos anos 1929 e 1930, converténdose no máximo especialista galego neste período,
cun alto coñecemento das investigacións europeas. Fernández Costas será o
impulsor dos traballos destes mozos, estudantes de bacherelato, ou de estudos
superiores como é o caso de Xosé María Álvarez Blázquez. Nunha carta de 1963 o
propio Xosé María chámao “mi inolvidable amigo, mi querido maestro que
me enseñó a amar estas cosas de nuestra ciudad y que hubiese gozado conmigo al
arrancar del misterio un trozo de ánfora romana”.
Manuel Fernández-Valdés que logo sería nomeado Cronista
oficial de Tui é un dos grandes nomes
propios da investigación na historia tudense pero que segue aínda sumido no
descoñecemento público. Morre en Tui no ano 1962.
Carecemos dunha documentación directa sobre a actividade dos
“Ultreyas” tudenses e temos de conformarnos con seguir as noticias soltas e
fragmentarias que atopamos en diferentes medios de comunicación e,
especialmente, rastrexar nos escritos de Xosé María Álvarez Blázquez as
referencias a este colectivo e a súa actividade.
Xosé María Álvarez Blázquez
No primeiro número, de abril de 1935, da revista “Tude”, que
editaban os alumnos do Instituto, figura unha noticia breve que avanza os
traballos dos “Ultreyas”:
“Para
los primeros días del próximo mes de mayo se está organizando por el grupo
Ultreya una gira de profesores y alumnos de este centro al Castro de Cabeza de
Francos, con el fin de reanudar en él las excavaciones interrumpidas en los
últimos meses”.
Estas visitas arqueolóxicas ao xacemento de Pazos de Reis
dirixidas por Manuel Fernández Costas están realizadas con poucos medios e
moita ilusión e asi as lembra Xosé María Álvarez Blázquez:
“En
la primavera de 1933 un grupo de estudiantes tudense, capitaneados por el
entusiasta y culto prehistoriador Don Manuel Fernández Costas, iniciamos los
trabajos de excavación del castro, seducidos por su magnifica situación, su
singular factura de atalaya y el hecho evidente de haber sido poblado, como lo
mostraba su doble muralla posterior. El trabajo era penoso, más no contando
apenas con aportaciones económicas habíamos de manejar nosotros la azada y el
pico. En algunas ocasiones cuando el trabajo del desescombro se hacía pesado,
el Sr. Fernández Costas, pagaba de su peculio particular el jornal de uno o dos
peones. Aquella primavera y el verano siguiente trabajamos con intensidad (...)
Durante el 1934 nuestro trabajo se limitó casi en exclusiva a la práctica de
calicatas, que dieron por resultado conocer que la total superficie de la
meseta había sido habitada. Otras veces exploramos las laderas y, en fin, no
proseguimos la sistemática excavación, convencidos de que ello no estaba ya
encomendado a nuestras flacas fuerzas, nuestro objetivo se limitara apenas a
comprobar aquello que a simple vista se advertía (...). Proseguimos aún durante
el año 1935 la búsqueda superficial (...). Pero al surgir la guerra española en
1936 aquel haz de estudiantes se desperdigó”.
Vista actual do castro de Cabeza de Francos / Alto dos Cubos
Noutro escrito o mesmo autor descrebe asi o labor no castro:
“Un
fato de mozos e mozas “Ultreyas”, âs ordes do mestre D. Manuel Fernández
Costas, rubimos unha serán ao Monte de Cabeza de Francos, c-unha eixada na man
i-un pouco de romanticismo no miolo. Ao empardecer baixamos cos petos ateigados
de testos de barro. De entón para adiante os nosos folgos, remataban no castro,
i-o segredo do castro remataba en nos. D-iste xeito fumos faguendo una morea de
materiais recollidos, que era perciso organizare i-eispoñer. E entón xermolou a
ideia de un museo, no que xa se tiña matinado e onde se ofresceran, non soilo
aquiles ouxetos apañados no Castro, senón tamén todo o que fora merescedor de
tal honra”.
Na primeira campaña, no verán de 1933, participa Xurxo
Lorenzo, irman de Xaquín Lourenzo, e grande animador deste colectivo e da
actividade arqueolóxica na Galicia daquel tempo e que morrera prematuramente en
Zaragoza en abril de 1934, onde tiña acudido para completar os estudos tras a
persecución á que fora sometido na Universidade de Santiago.
Directamente relacionadas coa actividade do grupo “Ultreya”
son as pescudas de carácter arqueolóxico que realiza no Nadal de 1934 o propio Xosé
María Álvarez Blázquez en dous castros de A Guía – Randufe, en concreto os
xacementos de Cotarel e Bicavaca, publicando na revista “Tude” un breve diario
das escavacións. Acompañaban a Álvarez Blázquez os mozos, de seguro que tamén
“ultreyas”: Ignacio Díz Rodríguez (que chegará a xefe da inspección de traballo
en Vigo e “fabricará” unha excpecional colección de soldadiños de chumbo de
6.000 pezas por el realizadas), Eloy Fernández Rodríguez (fillo de Manuel
Fernández-Valdés Costas e enxeñeiro de camiños na Deputación Provincial de Pontevedra)
e Alberto González Varela (que logo será en Arxentina un reputadisimo médico).
Unha nova cita, algo longa, do propio Xosé María, no traballo
titulado “Industrias paleolíticas de la
comarca de Tuy”, explica outras das facianas deste labor arqueolóxico dos
Ultreyas tudenses:
“Durante
las vacaciones estivales de 1933 y 1934 un grupo de entonces estudiantes del
que formaba parte bajo la acertada dirección del distinguido prehistoriador don
Manuel Fernández Costas, se empeñó en la búsqueda, a través de la comarca de
Tuy, de útiles prehistóricos, con que nutrir un Museo que al efecto se organizó
en el Instituto de 2ª Enseñanza de aquella ciudad. Aparte de las someras
excavaciones en los castros de Cabeza de Francos y A Guía, nuestro objeto
principal fué explorar las proximidades de los depósitos fluviales de cantos
rodados, en busca de posibles instrumentos líticos, que esperábamos no
faltarían en una zona tan fértil y bien definida como aquella y estimulados por
la vecindad de las pródigas estaciones de La Guardia y Camposancos. Y, en
efecto, recorriendo los caminos aldeanos, orientándonos especialmente hacia
aquellos de pronunciada pendiente, fáciles al arrastre de las aguas invernales,
hemos tenido la fortuna de reunir hasta un total de 61 instrumentos
paleolíticos, todos ellos en cantos rodados de cuarcita, único material lítico
apropiado existente en la zona.”
Cómpre salientar, nunha pequena digresión, o feito de que
Xosé María Álvarez Blázquez ou o propio Manuel Fernández.Valdés describan, anos
despois, con detalle os traballos realizados nestas campañas de investigación
arqueolóxica pero prescindan en todo momento de identificar co nome propio ao
grupo dos “Ultreyas”; a censura do franquismo e a persecución política ao
galeguismo explicarían esta omisión.
Xosé María Álvarez Blázquez, colabora nestas actividades dos
Ultreyas tudenses nas súas estadias vacacionais en Tui namentras estuda
Maxisterio en Pontevedra e logo no curso 1934-935 cando realiza as prácticas de
Maxisterio na escola de nenos da nosa cidade. Daquela xa era membro activo da
Federación de Mocedades do Partido Galeguista e coma outros compañeiros
militantes, por exemplo Francisco Fernández del Riego ou Xaime Illa Couto,
participaban tamén activamente nos grupos “Ultreyas” ainda logo das
diverxencias políticas que xorden entre o partido e Álvaro de las Casas, como
xa sinalamos anteriormente.
Como sempre magnífico artigo.
ResponderEliminar